mércores, 4 de maio de 2016

Esquecemento

Ola familia, non podía faltar nas miñas publicacións unha noticia como esta..

Quero falarvos da festa do Esquecemento, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo de Limia, que recorda a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto ata a marxe esquerda do río Limia.


A denominación desta festa, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.


A festa ten como momento máis significativo a recreación do paso do río Limia, máis hai outras moitas representacións da tradición e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexións, loita de gladiadores, etc.

Esta festa como xa mencionei ao principio celébrase na Limia, e non podería faltar nesta morea de publicacións que teño ata o momento. Destacar que me parece unha experiencia práctica que debedes experimentar todos e todas, pasádevos por esta zona para celebrar con todos os limiáns e as limianas, máis coñecidos como entroideiros e entroideiras e tamén coas persoas forasteiras que ata este lugar se achegan nestas datas para pasar un bo rato. Pasarédelo ben seguro.

Un bico familia e que vivan as nosas tradicións.



Gato Negro

Bos días Familia, hoxe vouvos falar do noso gato negro:

O gato negro, tal e como xa decimos na entrada do blog, o gato negro é moi representativo nos fogares de Galicia, xa que segund a tradición oral traía boa sorte. Ademáis é moi cracterístico como animal de compañía das meigas, que poblan a nosa comunidade tal e como se di no refrán "eu non creo moito nelas pero, habelas hailas". O gato pasea arredor dos fogares e protéxeos do mal de ollo. Nalgunhas ocasións, as meigas máis avanzadas son capaces de transformarse neste animal, polo que observan a vida cotiá nas aldeas.

Espero que vos guste esta reflexión e que pasedes bo dia. Acordádevos de nós se vedes un gato negro o voso arredor, xa que quizais son as meigas.

Un saudiño ;)

martes, 3 de maio de 2016

Reflexión e despedida do proxecto

Boas noites familia

Como pasa sempre chegamos ó final. Este proxecto no cal levamos traballando un cuatrimestre está rematado, por fin. Dedicámoslle moitas horas de esforzo, de traballo duro e continuado pero por fin podemos dicir que finalizado. O noso proxecto, libro electrónico ou eBook, foi levado con tranquilidade, con traballo diario, aínda que as veces todo o que se realiza fora non se ve e parece doado e rápido de realizar. 
Semanalmente estivemos convosco para contarvos novas sobre o noso traballo diario, como íamos avanzando. Esperamos que vos gustase todo o exposto no blog.

Deica a próxima

Experiencia creando un eBook

Boas noites familia

Antes de deitarme quería falarvos de como foi a miña experiencia creando un eBook.
Como ben sabedes, o noso proxecto final para esta materia é realizar un libro electrónico sobre mitoloxía galega, especialmente. Para realizalo consultamos tres recursos diferentes que sirven para crealo, inicialmente convenceunos Edilim. Comezamos con este lendo os pasos que debíamos de seguir e pouco a pouco comezamos a contar con pequenos problemas que solucionamos sobre a marcha, mediante o traballo en equipo.
Polo tanto empregar Edilim resultoume un tanto complicado e tedioso, pero coseguimos comprender este recurso e empregalo para crear o noso proxecto final.

Deica logo 

Despedida do proxecto

Bueno Familia pouco a pouco esto vai chegando ao seu final, e as publicacións neste blog creado na asignatura de Novas Tecnoloxías rematan.

Gustaríame dicir que traballar no creación dun e-Book sobre mitoloxía galega foi un traballo duro pero esperamos que merecese a pena. 

O e-Book foi o resultado dunha morea de horas de traballo, aínda que as veces estas horas de traballo mesturáronse con horas de desesperación.

Esperamos que fose do voso agrado e que nun futuro esperemos que non moi lonxano poidamos utilizar todos estes recursos nas nosas aulas de Primaria como futuros mestres e mestras e deste xeito, ensinar a importancia da mitoloxía de Galicia.

Foi un placer traballar na creación de este blog e facer entradas semanais.

Un bico, e recordade que isto é un adeus sen esquecemento.

Reflexión Final

Boas noites Familia!

Hoxe é un día no que podemos observar como este proxecto foi tomando forma e é hora de recoller os froitos sembrados. Para realizar esta tarefa, as miñas compañeiras e mais eu estivemos longas horas de duro traballo para a realización das actividades, das entradas ao blog, da webquest e por suposto do noso ebook, que foron tomando forma nas últimas semanas.

Ainda que o resultado final non era o esperado, estamos moi orgullosas de todo o traballo realizado, xa que ver como os nosos compañeiros e compañeiras aprecian todo ese esforzo é moi reconfortante e deunos ganas de seguir avanzando, a pesar de que ás veces non estivesemos suficientemente motivadas ou atopáramos moitas dificultades para realizar as tarefas.

Opino que este esforzo pagou a pena, dado que aprendemos un montón acerca do mundo das novas tecnoloxías aplicadas á educación, un mundo que eu descoñecía por completo e que hei de dicir que ao principio agobioume un pouco, pero que conforme ían pasando as semanas me ía adaptando cada vez máis.

Días de ledicia, días de agobio, días de tristura ao lado das miñas compañeiras, apoiándonos entre nós, fixo que esta aventura fixera posible crear unha amizade e uns vínculos que coidaremos no futuro e que nos fixeron aprender a traballar en equipo e superar as dificultades, por iso, moitas grazas.

Agradecer tamén ás personas que nos len, que foron moitas durante este periodo, por estar ahí aínda que silenciosamente, porque nos motivaron a seguir adiante.

Por eso, a todos e a todas ¡GRAZAS!

Un saudiño e deica pronto ;)

Reflección final de la materia.

Buenos Días Familia: 

Hoy vengo a hablaros de lo que fue a nivel personal mi experiencia en las nuevas tecnologías. Considero que es muy útil y necesario, siempre y cuando sea realizada de una manera correcta , ya que sus uso nos puede proporcionar maravillosas experiencias día a día.

Es muy importante en la educación y como fue en nuestro caso que trabajamos sobre el ebook , tratando temas relacionados con la mitología gallega, fiestas tradicionales como en este caso San Juan y Samain , en el cual fui inmerso en un mundo que no conocía a fondo y ademas de aprender , ha sido una nueva forma de conocimiento.

Un Saludo Familia.