Boas noites Familia!
Hoxe é un día no que podemos observar como este proxecto foi tomando forma e é hora de recoller os froitos sembrados. Para realizar esta tarefa, as miñas compañeiras e mais eu estivemos longas horas de duro traballo para a realización das actividades, das entradas ao blog, da webquest e por suposto do noso ebook, que foron tomando forma nas últimas semanas.
Ainda que o resultado final non era o esperado, estamos moi orgullosas de todo o traballo realizado, xa que ver como os nosos compañeiros e compañeiras aprecian todo ese esforzo é moi reconfortante e deunos ganas de seguir avanzando, a pesar de que ás veces non estivesemos suficientemente motivadas ou atopáramos moitas dificultades para realizar as tarefas.
Opino que este esforzo pagou a pena, dado que aprendemos un montón acerca do mundo das novas tecnoloxías aplicadas á educación, un mundo que eu descoñecía por completo e que hei de dicir que ao principio agobioume un pouco, pero que conforme ían pasando as semanas me ía adaptando cada vez máis.
Días de ledicia, días de agobio, días de tristura ao lado das miñas compañeiras, apoiándonos entre nós, fixo que esta aventura fixera posible crear unha amizade e uns vínculos que coidaremos no futuro e que nos fixeron aprender a traballar en equipo e superar as dificultades, por iso, moitas grazas.
Agradecer tamén ás personas que nos len, que foron moitas durante este periodo, por estar ahí aínda que silenciosamente, porque nos motivaron a seguir adiante.
Por eso, a todos e a todas ¡GRAZAS!
Un saudiño e deica pronto ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario