Amosando publicacións coa etiqueta Reflexións Teóricas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reflexións Teóricas. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2016

Gato Negro

Bos días Familia, hoxe vouvos falar do noso gato negro:

O gato negro, tal e como xa decimos na entrada do blog, o gato negro é moi representativo nos fogares de Galicia, xa que segund a tradición oral traía boa sorte. Ademáis é moi cracterístico como animal de compañía das meigas, que poblan a nosa comunidade tal e como se di no refrán "eu non creo moito nelas pero, habelas hailas". O gato pasea arredor dos fogares e protéxeos do mal de ollo. Nalgunhas ocasións, as meigas máis avanzadas son capaces de transformarse neste animal, polo que observan a vida cotiá nas aldeas.

Espero que vos guste esta reflexión e que pasedes bo dia. Acordádevos de nós se vedes un gato negro o voso arredor, xa que quizais son as meigas.

Un saudiño ;)

martes, 3 de maio de 2016

Reflexión e despedida do proxecto

Boas noites familia

Como pasa sempre chegamos ó final. Este proxecto no cal levamos traballando un cuatrimestre está rematado, por fin. Dedicámoslle moitas horas de esforzo, de traballo duro e continuado pero por fin podemos dicir que finalizado. O noso proxecto, libro electrónico ou eBook, foi levado con tranquilidade, con traballo diario, aínda que as veces todo o que se realiza fora non se ve e parece doado e rápido de realizar. 
Semanalmente estivemos convosco para contarvos novas sobre o noso traballo diario, como íamos avanzando. Esperamos que vos gustase todo o exposto no blog.

Deica a próxima

Despedida do proxecto

Bueno Familia pouco a pouco esto vai chegando ao seu final, e as publicacións neste blog creado na asignatura de Novas Tecnoloxías rematan.

Gustaríame dicir que traballar no creación dun e-Book sobre mitoloxía galega foi un traballo duro pero esperamos que merecese a pena. 

O e-Book foi o resultado dunha morea de horas de traballo, aínda que as veces estas horas de traballo mesturáronse con horas de desesperación.

Esperamos que fose do voso agrado e que nun futuro esperemos que non moi lonxano poidamos utilizar todos estes recursos nas nosas aulas de Primaria como futuros mestres e mestras e deste xeito, ensinar a importancia da mitoloxía de Galicia.

Foi un placer traballar na creación de este blog e facer entradas semanais.

Un bico, e recordade que isto é un adeus sen esquecemento.

Reflexión Final

Boas noites Familia!

Hoxe é un día no que podemos observar como este proxecto foi tomando forma e é hora de recoller os froitos sembrados. Para realizar esta tarefa, as miñas compañeiras e mais eu estivemos longas horas de duro traballo para a realización das actividades, das entradas ao blog, da webquest e por suposto do noso ebook, que foron tomando forma nas últimas semanas.

Ainda que o resultado final non era o esperado, estamos moi orgullosas de todo o traballo realizado, xa que ver como os nosos compañeiros e compañeiras aprecian todo ese esforzo é moi reconfortante e deunos ganas de seguir avanzando, a pesar de que ás veces non estivesemos suficientemente motivadas ou atopáramos moitas dificultades para realizar as tarefas.

Opino que este esforzo pagou a pena, dado que aprendemos un montón acerca do mundo das novas tecnoloxías aplicadas á educación, un mundo que eu descoñecía por completo e que hei de dicir que ao principio agobioume un pouco, pero que conforme ían pasando as semanas me ía adaptando cada vez máis.

Días de ledicia, días de agobio, días de tristura ao lado das miñas compañeiras, apoiándonos entre nós, fixo que esta aventura fixera posible crear unha amizade e uns vínculos que coidaremos no futuro e que nos fixeron aprender a traballar en equipo e superar as dificultades, por iso, moitas grazas.

Agradecer tamén ás personas que nos len, que foron moitas durante este periodo, por estar ahí aínda que silenciosamente, porque nos motivaron a seguir adiante.

Por eso, a todos e a todas ¡GRAZAS!

Un saudiño e deica pronto ;)

Reflección final de la materia.

Buenos Días Familia: 

Hoy vengo a hablaros de lo que fue a nivel personal mi experiencia en las nuevas tecnologías. Considero que es muy útil y necesario, siempre y cuando sea realizada de una manera correcta , ya que sus uso nos puede proporcionar maravillosas experiencias día a día.

Es muy importante en la educación y como fue en nuestro caso que trabajamos sobre el ebook , tratando temas relacionados con la mitología gallega, fiestas tradicionales como en este caso San Juan y Samain , en el cual fui inmerso en un mundo que no conocía a fondo y ademas de aprender , ha sido una nueva forma de conocimiento.

Un Saludo Familia.

mércores, 27 de abril de 2016

WALKIE-TALKIE

Buenos Días Familia:

 Hoy vengo a hablaros sobre los Walkie-Talkie que fue la primera radio emisora que existió. Aun a día de hoy se sigue utilizando pero en aspectos no cotidianos, ya que el móvil lo remplazo totalmente.
Su historia se remonta al gobierno canadiense que durante la segunda guerra mundial tenían una función militar. Los avances han echo que estos aparatos hayan mejorado y se sigan utilizando a día de hoy.

Resultado de imagen de walkies talkies historia

martes, 26 de abril de 2016

Queimada

Boas noites familia

Hoxe quería escribir unha entrada pouco antes de deitarme para falarvos da queimada, bebida de tradición. Sabedes o porqué desta tradición? se queredes enterarvos seguide lendo.
Todo o ritual de preparación da queimada está dirixido a espantar os malos espiritos e as meigas que segundo a tradición perseguen a persoas para maldicilas, tamén se di que conta con efectos curativos,
Se tedes a dúbida de cando a podedes realizar dareivos unha boa noticia, esta pode ser realizada en calquera ocasión pero a miúdo é celebrada en reunións sociais ou familiares.
Esta vai acompañada dun conxuro, deixovolo neste enlace onde atoparedes moita máis información sobre esta tradición.

Boas noites


venres, 15 de abril de 2016

O futuro das linguas vaise xogar nas novas tecnoloxías

Ola Familia, gústame falarvos de Galicia nas miñas entradas, pero aínda non vos falara do especial que é a súa lingua.

O idioma galego é unha lingua romance do subgrupo galaico-portugués falada principalmente na comunidade española de Galicia. Está estreitamente emparentado co portugués, co que formou unidade lingüística durante a Idade Media.

O galego, como todas as linguas romances, provén do latín vulgar falado na antiga provincia romana de Gallaecia, que comprendía o territorio da Galicia actual, o norte do actual Portugal, Asturias, a actual provincia de León e parte de Zamora. Tras a caída do Imperio Romano de Occidente, as diferentes variantes do latín consolidáronse. 

O documento máis antigo escrito en galego producido en Galicia que se conserva, data de 1228. Trátase do foro de Castro Caldelas outorgado polo rei Alfonso IX en abril do devandito ano á vila ourensá. 
Do documento máis antigo pasamos á actualidade, hoxe en día a tecnoloxía invádenos e Familia compráceme dicirvos que o galego ocupa o posto 26 do mundo como idioma máis usado en redes sociais, entre as máis de 6000 censadas. Lamentablemente o galego vai perdendo falantes co paso do tempo pero é unha lingua activa nas redes sociais.

Un bico.

martes, 15 de marzo de 2016

Mouras





Boas noites Familia! 
Escríbovos un pouco tarde despois dun duro día de traballo!

Hoxe quero falarvos da lenda das mouras:

As mouras son personaxes que aparecen na cutura galego-portuguesa. Son mulleres fermosas que aparecen nos camiños ou á beira dos ríos peiteando o seu dourado cabelo, habitualmente agardando por alguén. Segundo antigos relatos populares son almas de doncelas que foron deixadas gardando tesouros que os mouros esconderon ao volveren ás súas terras. 

Na miña aldea (A Veiga), existe un lugar chamado "cántara da moura", un lugar polo que o río Corzos se entremezcla cunha zona natural con varias covas de pedras, moita vexetación e cascadas de auga. Nesas oquedades que quedan entre as pedras, o río forma unha piscina natural, saíndo de novo a auga ao exterior a través dunha porta en forma de cascada. O nome desta cova fai referencia a unha lenda, que conta a historia dunha fermosa moura que residía na mesma. "Un día, a moura saíu ó exterior a sentarse na marxe do río onde peiteaba os seus longos cabelos cun peine de ouro; namentres, agardaba polas mozas da aldea de Corzos que coidaban o gando e cando pasaban á súa beira deixaba cae-lo peine. Si a moza paraba a recollelo, esta era recompensada cunhas moedas de ouro. Se non o facía, a moura convertíaa en rocha, coma as que hai ao redor da cova."


Espero que algún día descubrades a maxia e a beleza desta gran paraxe, ademáis do seu fermoso ceo estrelado, xa que verdadeiramente é fascinante!

Un saudiño!! ;)

mércores, 9 de marzo de 2016

Actividades para o proxecto

Boas tardes familia

Para o noso proxecto educativo realizaremos varias actividades, hoxe estivemos creamos dúas delas que vos mostraremos a continuación.
Unha das actividades creadas por nós consiste nun xogo de palabras cruzadas. Estas palabras teñen que ver con dúas festividades galegas, Samaín e San Xoán. Se desexas visualizar ou realizar esta actividade consulta esta páxina de educaplay

Festividades galegas
A outra é o puzzle que tedes a continuación, sobre unha fogueira de San Xoán tomada por nós na Coruña
Gustáronvos as actividades plantexadas? Podedes deixarnos o voso comentario nesta entrada ou no noso correo electrónico de grupo anesalmadobleuno@gmail.com 

Deica logo 

martes, 8 de marzo de 2016

LENDA DE MARÍA PITA

Boas Noites Familia e feliz día da muller traballadora

Neste día especial vou facer unha mención especial á heroína galega, María Pita, que defendeu a cidade da Coruña do ataque dos ingleses en 1589.
Os invasores atacaron a cidade cunhas exiguas defensas, xa que dispuñan dunha escasa guarnición na defensa das murallas medievais, existindo polo tanto gran desproporción entre as forzas dos dous contendentes.
Segundo a crónica da época a actuación de María Pita fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha muller cando estaban a piques de traspasar as murallas. Aínda que a lenda di que este feito foi levado a cabo ao grito de "Quen teña honra, que me siga", que fixo que mulleres e nenos se unisen á batalla co sinxelo arsenal de material doméstico, tales como olas de barro, coitelos de cociña e outros utensilios domésticos que lanzaron contra os atacantes, o que desmoralizou á tropa inglesa e impulsou finalmente a súa retirada.
Espero que disfrutárades desta historia e deste día, un saudiño e deica a próxima! ;)

Miño Radical



Buenos días Familia:

Hoy vengo a hablarles sobre algo muy importante que es el deporte y en este caso las nuevas y conocidas carreras de fuerza-resistencia y que alrededor de España las hay de distintas maneras y formas como pueden ser la Hércules, las Gladiator o la conocidísimas Spartan, que cuentan con tres distintas variantes que son la SPARTAN SPRINT (5 km/15 obstáculos); SPARTAN SUPER (13 km/20 obstáculos) y por última la SPARTAN BEAST(20 km /25 obstáculos).

Pero quiero contaros que ha llegado a Galicia y más específicamente a Ourense estas impresionantes y tremendas carreras.

Aquí os presento a la Miño Radical que consta de 12 km y 15 obstáculos con diversas variantes y espero que podáis disfrutar de ella ya que es su segunda edición y tenemos que favorecer y apoyar este tipo de eventos.



Un saludo Familia!!!

Libro electrónico ou eBook

Boas tardes Familia.

Hoxe quería falarvos dun novo formato de lectura como é o libro electrónico ou eBook. Coñecido por moitas persoas, o eBook é un dispositivo electrónico que permite almacenar, reproducir e ler calquera tipo de libros polo que é moi útil e cómodo.
Informeime en varias páxinas web sobre o emprego destes dispositivos, estas páxinas contaban con moita información diferenciada ou esquematicamente explicada. Gustaríame destacar que desta temática, o libro electrónico, podemos atopar moita información doadamente e que esta é diversa. Da información que atopei destacaría que o primeiro soporte electrónico é dos anos 90 aínda que xa se pensaba antes na creación deste, que o emprego deste creceu nos últimos anos e que, como todos, este dispositivo conta con vantaxes e desvantaxes. Tamén destacar, para todas aquelas persoas que desexan crear un libro electrónico que o navegador Mozilla FireFox permite crealos en formato ePub (Electronic Publication), este é un formato estándar e libre creador por International Digital Publishing Forum.
Na miña opinión, o emprego deste soporte é moi práctico e cómodo debido a que non só poderíamos ter un libro senón que teríamos moitos máis, en un só poderias ter varios de diversas temáticas. Ademais outra das vantaxes que considero máis importante é que toda persoa con acceso a web, ven sexa có teléfono móbil, có ordenador ou cunha tablet, podería ter acceso a estes dispositivos electrónicos. Polo que considero que sería útil a súa utilización, como sería desde a Educación Primaria, así as tarefas encomendadas poderían se máis doadas de realizar e correxidas no momento.
Polo tanto, considero que o emprego destes é beneficioso para todos e deberíamolo de incluir non só para ler libros, senón para traballar desde as aulas de Educación Primaria ata a Universidade.

Boas noites e deica a próxima.

martes, 1 de marzo de 2016

Etimoloxía e o topónimo de Galicia

Boas familia, outra vez por aquí.

Esta vez para coñecer un pouco máis Galicia. Considero esencial falarvos dela, xa que é a parte principal do noso proxecto. Pois ben, é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no noroeste da península ibérica. Está formada polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as cales se dividen en 314 municipios que se agrupan en 53 comarcas.

Hoxe falareivos da etimoloxía do nome Galicia máis do seu topónimo.  En próximas entradas irei comentando outras cousas interesantes sobre dela.

Na Antigüidade os gregos denominaban á zona noroccidental da península ibérica kalekói, que era o nome co que os seus habitantes se coñecían a si mesmos. O topónimo procede da denominación dos poboadores celtas e evolucionou a Gallaecia baixo a administración romana. Na época medieval constituíuse como reino independente, co nome de Reyno de Galicia. No período entre a Idade Antiga e a Idade Media a zona foi chamada ocasionalmente Suevia debido a que se asentaron as etnias invasoras dos suevos.

O topónimo Galiza era usado no galego medieval xunto co topónimo Galicia. A forma Galiza caeu en desuso durante os Séculos Escuros, mentres que a forma Galicia foi a única que seguiu empregándose de forma ininterrompida ao longo da historia na lingua falada. No século XIX, durante o Rexurdimento da lingua galega, recupérase o uso de Galiza por parte de intelectuais.
Actualmente, as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego tamén aceptan Galiza como forma lexítima en galego xunto á forma Galicia.


Isto é todo, ata a próxima. 

Galicia encantada

Boa tarde familia

Como xa sabedes, o noso grupo fará un eBook ou libro electrónico e hoxe quería falarvos dunha enciclopedia que empregaremos para o noso proxecto. Esta enciclopedia chamase "Galicia encantada", se queredes acceder a esta páxina clica aquí.



Este recurso é moi doado de empregar pois está moi ben estruturado. A enciclopedia fala sobre a fantasía popular galega, nela atopamos contos sobre diversos personaxes galegos e trata a tematica da mitoloxía galega. Polo que nos vai ser moi útil.

Espero que vos guste a enciclopedia e que vos sexa práctica.

Deica a próxima

mércores, 24 de febreiro de 2016

A Meiga

Buenos días Familia:

Como ya sabéis estamos trabajando en la mitología Gallega y en todo lo que se refiere a estos seres.
Hoy especialmente voy a hablaros sobre un mito llamado a Meiga, que es un ser que posee poderes únicos y mágicos, que proviene del termino Magicus. Este personaje es típico de Galicia, y se diferencia de otros seres como pueden ser las brujas ya que este ser mágico siempre actúa con maldad incluso llegando a pactar con el diablo.
También son conocidas por poder echar mal de ojo e incluso poder curarlo, pero no solo existe un tipo de meiga, sino que hay varias y diferentes que se diferencian por sus poderes. Entre las mas conocidas están la Meiga Chuchonas que son las mas peligrosas,

Aquí os dejo una imagen para que podáis saber como es:

14 meiga chuchona.jpg


Un saludo Familia!!!

martes, 23 de febreiro de 2016

Mitoloxía Galega

Boas noites familia

Antes de deitarme quería adentrarme na mitoloxía galega e así falarvos de dúas lendas relacionadas coa morte, estas probablemente son as máis fascinantes. 

A santa compaña, que son ánimas en pena que camiñan desde as doce da noite, encabezadas sempre por unha persoa viva que carga coa cruz ata que atopa a outro que poida cargar con ela. Cóntase que anunciaban a morte e se alguén a vía tardaba menos dun ano en morrer. 
As lendas galegas tamén contan que existen persoas capaces de ver defuntos, chamados popularmente como vedoiros e vedoiras. 

Como todos sabemos, son lendas que se contan xeración tras xeración e estase a perder esta costume. Mentres unha persoa as conte existirán estes seres da mitoloxía galega

Boas noites 

A revolución silenciosa

Boas familia.

Hoxe empezo a escribirvos para falarvos sobre "A revolución silenciosa", este termo sorprendeume no titular dunha noticia mentres buscaba algo de interese para compartir en Habelas Hainas. Pois ben, é nin máis nin menos que o modo de ensinar da tecnoloxía.

Francesc Pedró, xefe da División de Políticas Sectoriais, TIC e Educación de Unesco comenta nunhas xornadas sobre tecnoloxía e educación que a solución non é abastecer aos centros con todo tipo de tecnoloxías, xa que normalmente os alumnos e as alumnas xa contan con elas. Cre que a clave é garantir unha boa conexión a internet desde a escola e o acceso do equipo docente a recursos dixitais de calidade. Xa que de nada serve ter tecnoloxías nos centros se o profesorado non ten capacidades profesionais apropiadas para sacarlles rendemento e facilitar a aprendizaxe do alumnado. Un uso adecuado da tecnoloxía facilitará moitas cousas na aula.

Considero moi oportuno caracterizar a educación tecnolóxica de silenciosa. Familia debemos ter conciencia de que a tecnoloxía nos educa a diario e facer un uso responsable dela.

Ata máis vernos.

MITOLOXÍA DE GALICIA

Boas Noites familia!
Hoxe quería falarvos ademáis da mitoloxía de Galicia, e como tema de especial interese, os dragóns.
A verdade é que estos seres mitolóxicos aparecen na historia de moitos lugares do mundo, así como na literatura medieval de moitos países. Na nosa cultura aparecen ademáis representados en grabados de pedra que aparecen nalgunhas columnas de igrexas e catedrais. 
Porén, dicir que os dragóns son unha especie de reptís xigantes, que posúen ás e que por tanto poden voar; así mesmo escupen lume pola boca para defenderse dos seus inimigos.
Recentemente atopámonos algúns contos da escritora Elena Gallego Abad, que falan sobre esta mitoloxía.
A min parécenme uns seres alucinantes, non é? Ista é a razón de que escolleramos este personaxe mitolóxico como punteiro do rato.


Un saudiño ;)


luns, 8 de febreiro de 2016

Historia dos eBook

Volvo estar por aquí familia.

En entradas anteriores, falouse do libro electrónicio, o motivo diso é a elección do noso grupo de realizar un ao longo deste cuatrimestre. Ao principio asustounos un pouco a idea,  pero ao analizar o gran número de recursos que hai na rede sobre este tema tranquilizámonos. As ideas para o noso libro electrónico van xurdindo a medida que descubrimos máis exemplos e as ganas de traballar neste novo proxecto tamén van en aumento.

Os libros ao longo do tempo sufriron catro grandes transformacións. A primeira foi o paso de escribir en tablillas de arxila a rolos de papiro, no segundo pasouse do papiro ao pergamiño. Posteriormente no século XV, Gutenberg puxo en marcha a imprenta o que supuxo un cambio radical para a publicación de libros. Tiveron que pasar máis de cincocentos anos para o cuarto paso, a aparición do libro electrónico.

Os libros electrónicos existen desde que os libros se editan con ordenadores, pero imprimíanse en papel e non se utilizaban no formato dixital. A principios dos 70 e nos 80 xa se empezou a publicar libros neste formato. A tecnoloxía avanza con paso de elefante e os libros electrónicos con ela, grazas a isto podemos gozar actualmente destes recursos repletos de calidade visual, deseño e presentación. En definitiva, un libro electrónico non é máis que a versión dixital dun libro en papel.

Pois ben, gustaríame comentar a utilización dos libros electrónicos no terreo educativo. Considero que é un recurso excelente para a aprendizaxe e a ensinanza. Creo que é a ferramenta apropiada para mellorar a lectura, a creatividade, a cultura, etc... aínda que para iso é importante que a tecnoloxía e a escola evolucionen á vez.