Amosando publicacións coa etiqueta Recursos para a aula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos para a aula. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de abril de 2016

PAINT


Bos días Familia, esta mañá gustaríame falarvos dun recurso TIC que estivemos utilizando en moitos momentos da creación deste proxecto. Trátase de Paint; esta aplicación é unha característica de Windows que se pode usar para debuxar, aplicar cor e editar imaxes. Tamén se pode utilizar Paint como un bloc de debuxo dixital para crear imaxes sinxelas e proxectos creativos, ou para agregar texto e deseños a outras imaxes, como as capturadas cunha cámara dixital.

Aquí déixovos un vídeo no que se mostra de maneira visual a maneira na que podedes utilizar Paint.

Espero que despois desta descrición animédesvos a utilizar Paint. Un bico a todos e a gozar destes días asollados.

Ata pronto Familia.

mércores, 20 de abril de 2016

MANUALIDADE BRUXA

Bo día Familia!

Hoxe traémosvos as dúas últimas actividades para o noso proxecto;



A primeira trátase dun vídeo feito por nós, explicando como realizar unha manualidade para crear unha bruxa cunha landra e que deixamos a continuación.







A segunda actividade é un cuestionario para repasar os contidos aprendidos, realizado con google drive ao longo do noso proxecto, que deixamos a continuación

Finalmente queremos achegarvos o enlace a webquest que creamos para o eBook, podedes achegarvos clicando aquí

martes, 19 de abril de 2016

Movie Maker

Boas noites Familia!
Hoxe déixovos unha ferramenta ca que estivemos traballando para facer algúns recursos visuais que presentamos no blog. Trátase do Windows Movie Maker, que é un editor de fotografías e vídeos de Windows, no que podemos montar películas ou montaxes en formato de vídeo. Ao principio resultoume un pouco complexo co tema de añadirlle música ou son, pero a verdade é que é bastante intuitivo e permite un rasultado bastante bo. Para gardar o documento tan só debemos transformalo en película e gardalo como tal. Espero que esta ferramenta vos resulte útil.




Un saudiño ;)

mércores, 6 de abril de 2016

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO NOSO PROXECTO

Bos días.


Estamos traballando sobre as últimas actividades do noso proxecto, e queremos deixarvos aquí unha presentación sobre as xudías máxicas galegas, e un cómic sobre a noite de San Xoán.







Esperamos que vos gusten. Un bico familia.


Prezi

Boas Familia

Quería falarvos dunha ferramenta TIC que empregamos para realizar unha das actividades para o noso proxecto, o libro electrónico onde trataremos a temática de superstición, mitos e tradicións galegas. O prezi que realizamos é unha breve presentación.
Esta ferramenta é unha aplicación multimedia e gratuita, para a creación de actividades, traballos, entre outras. Poderíamos dicir que a creación de esta presentación realizase nunha folla en branco na que escribimos, poñemos imaxes, vídeos, entre outros. 

 Deica a próxima

martes, 5 de abril de 2016

URCO

Boas noites Familia!
 Para seguir coa liña temática do noso Blog e do noso proxecto, hoxe vou a falarvos dun personaxe menos coñecido na actualidade, pero que amedrentaba aos nosos antergos; trátase do Urco.

 Este personaxe, tamén chamado Can de Urco ou Can do Mar é un personaxe mitolóxico coñecido no Norte da Península, especialmente en Galicia e tamén en Asturias, onde se chama "Huerco".

 Esta criatura adopta a forma dun can negro, aínda que en ocasións pode ser branco. De gran tamaño, con cornos e longas orellas, soe arrastrar unhas cadeas. Segundo a tradición oral sae do mar ouveando, o que se intúe como un presaxio de morte.

Tamén din as historias dos nosos antepasados que vivían nas orelas do río Lérez, procedentes dun lugar tenebroso coñecido como Borrón, un lugar do "Outro Mundo" que se atopa baixo a mar.

Esperemos nunca atoparnos cun destes, pois semella que é bastante perigoso.


Un saudiño e espero que vos gustara moito a historia de hoxe. ;)

mércores, 30 de marzo de 2016

Actividades para o proxecto

Bos días Familia

Hoxe na clase de Novas Tecnoloxías estivemos a facer dúas activiades. Como xa sabedes o noso proxecto está relacionado con San Xoan e Samaín, por eso hoxe realizamos dúas actividades relacionadas con estas festividades.

Deixamovos aquí a sopa de letras:

San Juan e Samaín


E deixamosvos aquí un bonito puzzle para que vos divirtades:
preview49 pieceSamhain




Un Saludo Familia!!!

sábado, 26 de marzo de 2016

Galicia

Buenos Días Familia:

Como ya sabéis nuestro blog esta dedicado a hablaros e informaros sobre que es la mitología gallega, y tras varias ideas eh querido hablaros hoy de Galicia en su aspecto físico.

Galicia es una comunidad autónoma española, situada al noroeste de la península ibérica. Esta formada por las provincias de La Coruña. Lugo, Orense y Pontevedra, las cuales están divididas en 314 municipios que se agrupan en 53 comarcas. Y su santo Patrono es , el Santiago Mayor y aquí os dejo una imagen del santo de Galicia:


Resultado de imagen de galicia santo patron

Un Saludo Familia!!!

martes, 22 de marzo de 2016

Actividades para a Webquest

Boa noite familia!

Para seguir cos recursos, deixámosvos dous deles de seguido, cos que imos a realizar a webquest:
Deixovos o primeiro enlace aquí, trátase dun Memory con personaxes mitolóxicas e a súa descripción; para o segundo, fixemos un videoquizz sobre os personaxes da mitoloxía galega que deixamos adxuntado aquí.


Memory Personaxes Mitolóxicos Mitoloxía Galega Esperamos que vos guste e un saudiño ;)

martes, 15 de marzo de 2016

HIMNO DE GALICIA


Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio trasparente do prácido luar?

Boas familia. Unha semana máis quero achegarvos un anaco máis da miña terra, e hoxe quérovos falar do noso himno. Gustaríame que todo o mundo puidese aínda que so fose unha vez na vida sentir o que os galegos e as galegassentimos ao escoitalo ao son das nosas gaitas.

Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

Seguramente moitos de vós xa escoitastes este son algunha vez, pero se non é así que saibades que o podedes escoitar en todas as alboradas galegas.

Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; esperta do teu sono Fogar de Breogán.

A letra orixinal do himno de Galicia provén das catro primeiras estrofas das dez que conforman o poema en galego "Os Pinos" de Eduardo Pondal e a música foi composta por Pascual Veiga.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso rouco son, máis só os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.

Déixovos aquí un enlace para o poidades escoitar o noso himno e utilizalo onde vós consideredes oportuno. Que teñades unha boa semana familia. Escribireivos pronto.


Os tempos son chegados dos bardos das idades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, onde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa Nazón de Breogán.




martes, 1 de marzo de 2016

PÓSTER DIXITAL

Boas noites Familia!
Finalmente, aquí presentamos o resultado do noso póster; para entrar ás páxinas dos recursos, podedes facer click en cada unha das fotos que se atopan na descripción dos mesmos.
Esperamos que vos guste!


Un saúdiño ;)




mércores, 24 de febreiro de 2016

Búsqueda de recurso

Ola familia

Quería falarvos de como foi a miña búsqueda de recursos TIC para o libro electrónico.

Tras pensar previamente o que quería atopar comecei coa miña búsqueda. Realicei unha búsqueda de documentos audiovisuais en Youtube e atopei doadamente un documental relacionado coa mitoloxía galega, pareceume moi práctico e útil. Posteriormente busquei pola web outros recursos, tras atopar diversos sobre a temática que vamos tratar no eBook escollín un blog.

Ata a próxima

martes, 23 de febreiro de 2016

Recursos para o eBook

Volvo estar por aquí familia, esta vez para comentarvos como nos foi ao meu grupo e a min na procura de recursos para o noso proxecto.

A actividade consistía en que cada compoñente de Give me four, achegase dous recursos que estivesen relacionados coa mitoloxía galega ou co e book. Para iso comezamos a teclear nas nosas computadoras e rapidamente empezaron a aparecer unha chea deles. Despois de ter que reciclar algúns, eu decanteime por unha aplicación sobre as orquestras de Galicia e un blog sobre 10 ferramentas útiles para crear un eBook. Considero que a procura foi sinxela e que temos unha chea de material na rede do que podemos sacar ideas para o noso proxecto.

BÚSQUEDA DE RECURSOS PARA O EBOOK

Boas noites familia!
Hoxe quérovos comentar un pouquiño como resultou a miña búsqueda de recursos para comezar a realizar o ebook. 
Para comezar, organiceime cas miñas compañeiras e o noso compañeiro nesta búsqueda e mediante o traballo en equipo (a pesares de publicar dous recursos individualmente cada un) conseguimos os que aparecen nas entradas anteriores. A miña búsqueda foi sinxela, xa que nada mais comezar atopei un tutorial sobre distintas ferramentas para crear o ebook; o segundo recurso foi menos doado, porque buscabamos concrecións para tratar a mitoloxía galega; aínda así topeime coa páxina web dunha xornalista moi interesada por esta temática e que nos fala de moitos personaxes famosos da nosa mitoloxía. Grazas a esto, a búsqueda foi bastante satisfactoria e conseguín aprender moitas cousas, disfrutando asi mesmo delas.


Un saudiño ;)

luns, 22 de febreiro de 2016

Búsqueda de Recursos

Hola Familia:

Hoy os voy a contar acerca de mi experiencia en la búsqueda de recursos sobre la mitología gallega, conviene dejar claro que fue una búsqueda exhaustiva y organizada aunque algo complicada. Ahora bien, los resultados encontrados fueron buenos, ya que por la red podemos encontrar diversas herramientas, tanto como ebooks interactivos, juegos, vídeos de Youtube, entre otros, explicándonos de forma interactiva y amena sobre la mitología gallega y sus diversos seres. Incluso películas que nos ayudarían a conocer más este mundo.
En un principio di vueltas y vueltas buscando hasta que una vez inmerso, fue difícil parar de buscar y buscar.
Bueno Familia espero que todos estos recursos buscados por los miembros de este Blog os sean divertidos y que os gusten.

No dejéis de soñar.

Un saludo Familia!!!

mércores, 17 de febreiro de 2016

Recursos para o eBook

Bo día familia

Nestes días tiven tempo para buscar recursos para un libro electrónico que imos crear, a temática deste é Galicia. Encontrei dous recursos, un audiovisual e un eBook, dos cales fixen unha breve reflexión, cada recurso nunha ficha. Se desexar ver a miña opinión sobre o recurso audiovisual que utilizarei  pinche aquí e se desexas visualizar a miña valoración sobre o eBook consulte este enlace

Deica logo

Recursos para o noso proxecto

Bo día familia.

Nesta mañá fría de febreiro dispóñome a achegarvos dous recursos que nos servirán de axuda no noso proxecto.
O primeiro é unha aplicación sobre as orquestras galegas.  Para consultar a miña ficha de análises sobre esta aplicación podes pulsar aquí.
E o segundo trátase dunha páxina web con dez ferramentas para crear de forma sinxela un libro electrónico. Achégovos aquí a ficha de análises deste recurso.



Un saúdo. Que todos e todas teñades un bo día.

RECURSOS PARA O EBOOK


Bos e fríos días familia!

Como estos días estivemos parados polas vacacións de entroido, hoxe traemos uns recursos que estivemos buscando durante este tempo para a creación do noso proxecto ebook!

Adxuntamos as fichas cos nosos recursos no seguinte enlace!

Un saudiño! ;)

Recursos Ebook

Buenos días frios Familia:

 Hoy los comento los recursos sobre o ebook que vamos a realizar sobre a mitoloxía galega:

En primer lugar os dejo una wiki:
Si os interesa pinchar aqui:

Y en segundo lugar os dejo una página web:
Si os interesa pinchar aqui:

mércores, 10 de febreiro de 2016

Libro electrónico como recurso

Bos días familia

Hoxe quería comezar o día falando do emprego do libro electrónico nas aulas de Educación Primaria como un recurso máis.
Como sabemos, nas aulas empreganse ordenadores, pantallas dixitais e a día de hoxe algúns colexios comezaron co emprego dos libros electrónicos, propiciado polo aforro económico que estes supoñen e tamén porque é unha ferramenta máis cómoda para traballar. 
Investigando encontrei una noticia no xornal La Voz de Galicia do día 25 de marzo do 2010, onde informa as persoas lectoras deste que o primeiro colexio español que comezou có emprego destes dispositivos electrónicos foi unha escola galega situada en Santiago de Compostela, Junior´s, que comezaron có uso deste no seu alumnado de cuarto de Educación Secundaria Obligatoria mediante o proxecto denominado E-volución. Para ter máis información sobre esta noticia faga click aquí
Moitos pais pensan que o emprego destes nas aulas no é beneficioso para os seus fillos, pois estar diante dun aparato dixital durante tantas horas no é o recomendable, pero este pensamento non ten razón de ser, eles aínda descoñecen que os libros electronicos contan con retro-iluminación o que significa que non sufre tanto a súa vista, asemellaríase o emprego de libros. Outras das vantaxes dos eBooks é que estes dispositivos non son pesados polo que os rapaces non terían que cargar con moito peso como están facendo na actualidade aínda que como inconveniente non todos os libros están dixitalizados.

Na miña opinión, o emprego destes nas aulas sería un gran avance, calquera dubida que lles xurdise o alumnado consultaríana no instante. Penso que deberían de comezar con proxectos en todos os colexios para o emprego destes dispositivo, así programarse de maneira que cando comecen a facer un uso destes nas aulas conten con previos coñecementos e poidan transmitirllelos ó seu alumnado. 
Polo tanto penso que os eBooks serían un bo recurso, como as pantallas dixitais, os ordenadores entre outros, para as aulas de todos as escolas tanto no ámbito de Educación Primaria coma de Secundaria ou Bachillerato. Cal é a vosa opinión sobre o emprego dos eBooks no ámbito educativo?

Deica a próxima