Amosando publicacións coa etiqueta Experiencias prácticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Experiencias prácticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2016

Esquecemento

Ola familia, non podía faltar nas miñas publicacións unha noticia como esta..

Quero falarvos da festa do Esquecemento, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo de Limia, que recorda a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto ata a marxe esquerda do río Limia.


A denominación desta festa, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.


A festa ten como momento máis significativo a recreación do paso do río Limia, máis hai outras moitas representacións da tradición e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexións, loita de gladiadores, etc.

Esta festa como xa mencionei ao principio celébrase na Limia, e non podería faltar nesta morea de publicacións que teño ata o momento. Destacar que me parece unha experiencia práctica que debedes experimentar todos e todas, pasádevos por esta zona para celebrar con todos os limiáns e as limianas, máis coñecidos como entroideiros e entroideiras e tamén coas persoas forasteiras que ata este lugar se achegan nestas datas para pasar un bo rato. Pasarédelo ben seguro.

Un bico familia e que vivan as nosas tradicións.



martes, 3 de maio de 2016

Experiencia creando un eBook

Boas noites familia

Antes de deitarme quería falarvos de como foi a miña experiencia creando un eBook.
Como ben sabedes, o noso proxecto final para esta materia é realizar un libro electrónico sobre mitoloxía galega, especialmente. Para realizalo consultamos tres recursos diferentes que sirven para crealo, inicialmente convenceunos Edilim. Comezamos con este lendo os pasos que debíamos de seguir e pouco a pouco comezamos a contar con pequenos problemas que solucionamos sobre a marcha, mediante o traballo en equipo.
Polo tanto empregar Edilim resultoume un tanto complicado e tedioso, pero coseguimos comprender este recurso e empregalo para crear o noso proxecto final.

Deica logo 

mércores, 27 de abril de 2016

Proxecto de prácticas e ebook

Bos días Familia!
A continuación presentámosvos o noso proxecto de prácticas. Nel recollemos cómo aplicaríamos de forma práctica na aula todo o que levamos feito neste tempo.

Asimismo tamén vos presentamos o noso ebook, cas actividades que se atopan no noso blog. 

Un saudiño ;)

domingo, 24 de abril de 2016

GOOGLE

Bos días Familia


Resultado de imagen de google

Cecais unha das ferramentas máis empregadas no mundo a día de hoxe e dende fai máis dunha década é o buscador Google, cuxa empresa foi fundada nos EE.UU. e que está relacionada cos productos e servizos relacionados con todo tipo de dispositivos electrónicos, software, internet e outras novas tecnoloxías.

Levo usando esta ferramenta dende fai moito tempo, e axilizou enormemente a maneira de buscar contidos, xa que cando eu era cativa se empregaban solamente atlas, diccionarios e enciclopedias para a búsqueda de información, que se atopaba solamente nos libros, polo que as buscas de información eran moito máis tediosas e levaban moito tempo. 

Con esta ferramenta non solamente se recolleu moita información, senón que se fixo máis sinxela de empregar e máis rápida a súa búsqueda, aínda que tamén hai que saber manexala. Porén é moi importante ensinar aos e ás peques a manexala de forma segura e con resultados eficientes. Para elo debemos empregar a educación, para que saiban empregar as ferramentas suficientes para acadar de forma eficaz os coñecementos que vaian adquirindo, conseguindo deste xeito un aprendizaxe significativo.


Un saudiño e a disfrutar deste fermoso domingo soleado ;)

mércores, 20 de abril de 2016

Declaracións para o informe

Boa tarde familia

Nesta entrada queremos falarvos das nosas intencións para o proxecto, o libro electrónico ou eBook.
Levaremolo a cabo nunha aula de 3º curso de Educación Primaria, a temporalización será de unha semana. Neste ademáis de adxuntar información realizaremos actividades coma as propostas na webquest, memory e videoquiz, e outras como un puzzle interactivo, a lectura dun cómic, a visualización do prezzi, sopa de letras, crucigrama, video sobre como facer unha meiga e, finalmente, realizaremos un cuestionario.

Esperamos que vos guste o traballo cando este rematado

martes, 19 de abril de 2016

Movie Maker

Boas noites Familia!
Hoxe déixovos unha ferramenta ca que estivemos traballando para facer algúns recursos visuais que presentamos no blog. Trátase do Windows Movie Maker, que é un editor de fotografías e vídeos de Windows, no que podemos montar películas ou montaxes en formato de vídeo. Ao principio resultoume un pouco complexo co tema de añadirlle música ou son, pero a verdade é que é bastante intuitivo e permite un rasultado bastante bo. Para gardar o documento tan só debemos transformalo en película e gardalo como tal. Espero que esta ferramenta vos resulte útil.




Un saudiño ;)

luns, 18 de abril de 2016

Realización da webquest

Boas tardes familia

Hoxe quería contarvos como foi a miña experiencia creando unha webquest. Como sabedes o noso proxecto é un libro elecrónico, eBook, sobre tradicións, mitos e supersicións galegas.
Para este o noso grupo debía de crear unha webquest, incialmente non sabíamos onde a podíamos crear. Intentámola crear en Google Sites pero dificultábanos o traballo por presentar moitos problemas, polo tanto que rematamos facéndoa en Wix. Se necesitades crear unha webquest deíxovos o enlace a Wix
Polo tanto, aínda que inicialmente resultou complicado creala, agora paréceme máis doado. 

Deica a próxima

martes, 5 de abril de 2016

A pantalla interactiva nas aulas

Boas familia, esta noite gustaríame contarvos a miña experiencia sobre a pantalla interactiva, pero antes creo conveniente darvos unha definición desta.

A pantalla interactiva, tamén denominada a pantalla dixital, consiste nunha computadora conectada a un vídeo proxector, que mostra o sinal do devandito computador sobre unha superficie lisa e ríxida, sensible ou non ao tacto, desde a que se pode controlar a computadora, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada, así como tamén, gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportalas en diversos formatos. A principal función é controlar a computadora mediante esta superficie cun bolígrafo, co dedo ou con outro dispositivo coma se fose un rato. Esta nova tecnoloxía ofrece a posibilidade de interactuar coa imaxe, o cal marca a diferenza en relación cunha pantalla dixital normal.


No meu colexio, durante a ESO e o Bacharelato, utilizamos este recurso, e vouvos contar a miña experiencia. Sen dúbida é unha ferramenta moi doada para un aula, o que máis me gustaba a min era que cando os profesores ou profesoras escribían unha explicación neste taboleiro quedaba gardada. Deste xeito, podiamos consultala cando quixéramos e a próximo explicación colocábase debaixo polo que agrupabamos todo o temario. Na miña experiencia, soamente lle podo por unha pega e é que durante esta época subiume a miopía unha barbaridade, e eu sospeitei que podía ser por a morea de horas que pasaba diante dela.

Un bico. 

sábado, 26 de marzo de 2016

Historias de campamento

Boas tardes

Hoxe lembreime dun relato que me contaran a noite do último sábado de Agosto. Esta historia contaronnola nun campamento de verán dos que propon a Xunta de Galicia, neste estabamos nenos e nenas de entre 9 e 11 anos. 
Trataba sobre a santa compaña, seres mitolóxicos galegos que moita xente asegura ter visto dende finais do século XIX. O monitor contounos, tentando asustarnos, que era unha procesión de ánimas pero contaban cunha persoa viva que encabezaba dita procesión. Esta persoa é elexida debido a que saben que lle falta pouco para morrer. A persoa viva levaba unha cruz e as demáis levavan un candelabro. Avisounos que se algunha vez víamos o que nos había descrito deberíamos de realizar un circulo, preferiblemente con obxetos metálicos para quedar liberados dela. Acto seguido outro dos monitores do campamento asustounos a todos os acampados. Dita noite non puiden durmir ben.
Ademáis desta historia contounos outras pero non as lembro. Espero que a vos non vos contaran historias de medo cando érades cativos.

Deica a próxima

martes, 8 de marzo de 2016

GASTRONOMÍA DE GALICIA

Boa tarde familia.

Volvo estar por aquí para cumprir o prometido e achegarvos un anaco máis da cultura de Galicia. Neste caso, falareivos da gastronomía. Pero non quero aturullarvos con datos, gustaríame levar este tema a unha experiencia práctica. Por iso vos propoño un plan para cando queirades visitar Galicia e coñecer a súa gran variedade gastronómica.

Considero esencial que si visitades a nosa terra provedes algunha dos nosos pinchos e tapas que son elementos característicos da nosa gastronomía. A provincia de Lugo ou os arredores de Santiago son dous lugares fantásticos para degustar tapas como empanada de xoubas ou bacallau, zorza, callos, raxo, pementos de Padrón, tortilla de pataca... As tapas galegas soen ser consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas fritas, isto é sinal da tradicional bonanza galega en produtos alimenticios, constituíndo na actualidade uns reclamos turísticos de moitas vilas e cidades.

As comidas tradicionais galegas están baseadas principalmente na carne e na verdura, sendo característico da súa cociña os pratos abundantes e de gran contido calórico, sobre todo nos meses de inverno. Se visitades Galicia é imposible que non atopedes algunha localidade en feira, para poder probar o típico polbo á feira, que se sirve con cachelos e é aderezado no momento con sal grosa, pemento e aceite de oliva. Podedes visitar calquera restaurante das catro provincias, xa que nos seus menús seguro non faltan pratos como o caldo galego, o lacón con grelos, o churrasco ou o cocido. Recordade que o mellor acompañante é un bo pan, aconséllovos o Pan de Cea.

Os privilexiados que visiten Galicia sen ter que conducir poderán probar o gran abanico de licores e augardentes, a queimada ou gozar dunha Estrella Galicia en calquera terraza dos nosos bares.

Antes de despedirme, gustaríame recordarvos que non podedes marchar sen degustar os nosos postres e queixos, como a tarta de Santiago ou Mondoñedo, os amendoados de Allariz, o leite fritido  ou o queixo de Arzúa, San Simón da Costa ou Cebreiro.


Que teñades unha boa tarde e a encher o bandullo, un saúdo.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Bos días familia.

Neste día tan especial para todas as mulleres traballadoras, decidimos achegarvos unha entrada grupal para contarvos como será a estrutura do noso proxecto.

Como xa sabedes, trátase dun eBook sobre a mitoloxía, tradicións e supersticións de Galicia, este proxecto contará cunha webquest, un recurso audiovisual e actividades.
En primeiro lugar, a webquest tratará sobre seres mitolóxicos como trasnos, mouras, entre outros. Co obxectivo de que o alumnado adquira coñecementos sobre estes e, finalmente, cree o seu propio ser mitolóxico.
Como recurso audiovisual empregaremos un stopmotion sobre como crear unha bruxa cunha landra.
Con respecto as actividades que incluiremos no noso proxecto e a nosa webquest, citaremos a continuación os diferentes recursos:
  • Memory sobre seres mitolóxicos, para así aprender onde podemos atopalos e que ademais contará con algún xogo educativo sobre este tipo de personaxes.
  • Banco de actividades con diferenzas entre San Xoán e Samaín. Poderíamos crear actividades de buscar diferenzas, clasificar elementos segundo sexan dunha ou doutra festividade ou palabras cruzadas con palabras clave de cada festa.
  • Crearemos un crebacabezas de imaxes típicas e raras de Samaín e San Xoán.
  • Conto interactivo explicado a noite de San Xoán, onde incluiremos as meigas.
  • Cómic sobre o Samaín, onde falaremos sobre as persoas defuntas, a Santa Compaña, a historia, os suxeitos, o que pasa.
  • Crearemos unha presentación que nos sitúe nun país máxico chamado Galicia, na que incluiremos as nosas xudías máxicas galegas.
  • Para rematar incluiremos un cuestionario final que conta con verdadeiro ou falso e outro tipo de preguntas a modo de avaliación.


Pois ben familia, esta é a nosa proposta esperamos que vos resulte interesante. Que todos e todas pasedes un bo día.


Un saúdo dende a redacción de Habelas Hainas.

mércores, 24 de febreiro de 2016

POSTER DIXITAL

Bo día familia

Na clase de hoxe estivemos traballando nun poster dixital que contén os recursos traballados previamente. Achegámosvos un adianto do traballo realizado. Na próxima semana veredes o resultado final. 

Deica logo e esperamos que vos guste, aquí volo deixamos.