Amosando publicacións coa etiqueta ALBA BALTAR JANEIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALBA BALTAR JANEIRO. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2016

Esquecemento

Ola familia, non podía faltar nas miñas publicacións unha noticia como esta..

Quero falarvos da festa do Esquecemento, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo de Limia, que recorda a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto ata a marxe esquerda do río Limia.


A denominación desta festa, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.


A festa ten como momento máis significativo a recreación do paso do río Limia, máis hai outras moitas representacións da tradición e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexións, loita de gladiadores, etc.

Esta festa como xa mencionei ao principio celébrase na Limia, e non podería faltar nesta morea de publicacións que teño ata o momento. Destacar que me parece unha experiencia práctica que debedes experimentar todos e todas, pasádevos por esta zona para celebrar con todos os limiáns e as limianas, máis coñecidos como entroideiros e entroideiras e tamén coas persoas forasteiras que ata este lugar se achegan nestas datas para pasar un bo rato. Pasarédelo ben seguro.

Un bico familia e que vivan as nosas tradicións.



martes, 3 de maio de 2016

Despedida do proxecto

Bueno Familia pouco a pouco esto vai chegando ao seu final, e as publicacións neste blog creado na asignatura de Novas Tecnoloxías rematan.

Gustaríame dicir que traballar no creación dun e-Book sobre mitoloxía galega foi un traballo duro pero esperamos que merecese a pena. 

O e-Book foi o resultado dunha morea de horas de traballo, aínda que as veces estas horas de traballo mesturáronse con horas de desesperación.

Esperamos que fose do voso agrado e que nun futuro esperemos que non moi lonxano poidamos utilizar todos estes recursos nas nosas aulas de Primaria como futuros mestres e mestras e deste xeito, ensinar a importancia da mitoloxía de Galicia.

Foi un placer traballar na creación de este blog e facer entradas semanais.

Un bico, e recordade que isto é un adeus sen esquecemento.

mércores, 27 de abril de 2016

Proxecto de prácticas e ebook

Bos días Familia!
A continuación presentámosvos o noso proxecto de prácticas. Nel recollemos cómo aplicaríamos de forma práctica na aula todo o que levamos feito neste tempo.

Asimismo tamén vos presentamos o noso ebook, cas actividades que se atopan no noso blog. 

Un saudiño ;)

luns, 25 de abril de 2016

PAINT


Bos días Familia, esta mañá gustaríame falarvos dun recurso TIC que estivemos utilizando en moitos momentos da creación deste proxecto. Trátase de Paint; esta aplicación é unha característica de Windows que se pode usar para debuxar, aplicar cor e editar imaxes. Tamén se pode utilizar Paint como un bloc de debuxo dixital para crear imaxes sinxelas e proxectos creativos, ou para agregar texto e deseños a outras imaxes, como as capturadas cunha cámara dixital.

Aquí déixovos un vídeo no que se mostra de maneira visual a maneira na que podedes utilizar Paint.

Espero que despois desta descrición animédesvos a utilizar Paint. Un bico a todos e a gozar destes días asollados.

Ata pronto Familia.

mércores, 20 de abril de 2016

MANUALIDADE BRUXA

Bo día Familia!

Hoxe traémosvos as dúas últimas actividades para o noso proxecto;



A primeira trátase dun vídeo feito por nós, explicando como realizar unha manualidade para crear unha bruxa cunha landra e que deixamos a continuación.







A segunda actividade é un cuestionario para repasar os contidos aprendidos, realizado con google drive ao longo do noso proxecto, que deixamos a continuación

Finalmente queremos achegarvos o enlace a webquest que creamos para o eBook, podedes achegarvos clicando aquí

Comentarios realizados en el Blog

Bos días Familia

Nesta entrada queremos facer unha breve reflexión sobre os comentarios que realizaron no noso blog. É moi gratificante saber que os nosos compañeiros e compañeiras nos visitan e nos fan aportacións. Coméntanos que utilizan os recursos que vamos aportando nas nosas entradas e anímanos a seguir traballando. Dende Habelas Hailas queremos dar as gracias a todas as persoas que aportaron o seu graiño de area para que o noso blog teña comentarios.

Un saúdo dende Ourense, os redactores e as redactoras de Habelas Hailas nesta mañá soleada sobordamos de ledicia recordando os vosos comentarios.

Declaracións para o informe

Boa tarde familia

Nesta entrada queremos falarvos das nosas intencións para o proxecto, o libro electrónico ou eBook.
Levaremolo a cabo nunha aula de 3º curso de Educación Primaria, a temporalización será de unha semana. Neste ademáis de adxuntar información realizaremos actividades coma as propostas na webquest, memory e videoquiz, e outras como un puzzle interactivo, a lectura dun cómic, a visualización do prezzi, sopa de letras, crucigrama, video sobre como facer unha meiga e, finalmente, realizaremos un cuestionario.

Esperamos que vos guste o traballo cando este rematado

venres, 15 de abril de 2016

O futuro das linguas vaise xogar nas novas tecnoloxías

Ola Familia, gústame falarvos de Galicia nas miñas entradas, pero aínda non vos falara do especial que é a súa lingua.

O idioma galego é unha lingua romance do subgrupo galaico-portugués falada principalmente na comunidade española de Galicia. Está estreitamente emparentado co portugués, co que formou unidade lingüística durante a Idade Media.

O galego, como todas as linguas romances, provén do latín vulgar falado na antiga provincia romana de Gallaecia, que comprendía o territorio da Galicia actual, o norte do actual Portugal, Asturias, a actual provincia de León e parte de Zamora. Tras a caída do Imperio Romano de Occidente, as diferentes variantes do latín consolidáronse. 

O documento máis antigo escrito en galego producido en Galicia que se conserva, data de 1228. Trátase do foro de Castro Caldelas outorgado polo rei Alfonso IX en abril do devandito ano á vila ourensá. 
Do documento máis antigo pasamos á actualidade, hoxe en día a tecnoloxía invádenos e Familia compráceme dicirvos que o galego ocupa o posto 26 do mundo como idioma máis usado en redes sociais, entre as máis de 6000 censadas. Lamentablemente o galego vai perdendo falantes co paso do tempo pero é unha lingua activa nas redes sociais.

Un bico.

mércores, 6 de abril de 2016

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO NOSO PROXECTO

Bos días.


Estamos traballando sobre as últimas actividades do noso proxecto, e queremos deixarvos aquí unha presentación sobre as xudías máxicas galegas, e un cómic sobre a noite de San Xoán.







Esperamos que vos gusten. Un bico familia.


martes, 5 de abril de 2016

A pantalla interactiva nas aulas

Boas familia, esta noite gustaríame contarvos a miña experiencia sobre a pantalla interactiva, pero antes creo conveniente darvos unha definición desta.

A pantalla interactiva, tamén denominada a pantalla dixital, consiste nunha computadora conectada a un vídeo proxector, que mostra o sinal do devandito computador sobre unha superficie lisa e ríxida, sensible ou non ao tacto, desde a que se pode controlar a computadora, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada, así como tamén, gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportalas en diversos formatos. A principal función é controlar a computadora mediante esta superficie cun bolígrafo, co dedo ou con outro dispositivo coma se fose un rato. Esta nova tecnoloxía ofrece a posibilidade de interactuar coa imaxe, o cal marca a diferenza en relación cunha pantalla dixital normal.


No meu colexio, durante a ESO e o Bacharelato, utilizamos este recurso, e vouvos contar a miña experiencia. Sen dúbida é unha ferramenta moi doada para un aula, o que máis me gustaba a min era que cando os profesores ou profesoras escribían unha explicación neste taboleiro quedaba gardada. Deste xeito, podiamos consultala cando quixéramos e a próximo explicación colocábase debaixo polo que agrupabamos todo o temario. Na miña experiencia, soamente lle podo por unha pega e é que durante esta época subiume a miopía unha barbaridade, e eu sospeitei que podía ser por a morea de horas que pasaba diante dela.

Un bico. 

mércores, 30 de marzo de 2016

Actividades para o proxecto

Bos días Familia

Hoxe na clase de Novas Tecnoloxías estivemos a facer dúas activiades. Como xa sabedes o noso proxecto está relacionado con San Xoan e Samaín, por eso hoxe realizamos dúas actividades relacionadas con estas festividades.

Deixamovos aquí a sopa de letras:

San Juan e Samaín


E deixamosvos aquí un bonito puzzle para que vos divirtades:
preview49 pieceSamhain




Un Saludo Familia!!!

martes, 22 de marzo de 2016

Actividades para a Webquest

Boa noite familia!

Para seguir cos recursos, deixámosvos dous deles de seguido, cos que imos a realizar a webquest:
Deixovos o primeiro enlace aquí, trátase dun Memory con personaxes mitolóxicas e a súa descripción; para o segundo, fixemos un videoquizz sobre os personaxes da mitoloxía galega que deixamos adxuntado aquí.


Memory Personaxes Mitolóxicos Mitoloxía Galega Esperamos que vos guste e un saudiño ;)

luns, 21 de marzo de 2016

Mitoloxía galega

Bos días familia.

Como todas as semanas estou aquí para escribirvos, normalmente escribo sobre Galicia porque considero esencial coñecela, para despois coñecer a súa mitoloxía.

Pero hoxe, quero falarvos do primeiro documental de longa duración sobre mitoloxía galega. O documental leva por nome Monte do Seixo. A Montaña Máxica, é unha fiel mostra do patrimonio natural, material e inmaterial, deste enclave, onde converxen  os concellos pontevedreses de Cerdedo, Cotobade e Forcarei, ademais do municipio ourensán de Beariz.

Déixovos aquí o tráiler do documental en galego. Creo que podemos utilizar este vídeo como ferramenta tic para introducir a mitoloxía galega.


Un saúdo e a gozar das vacacións familia.

martes, 15 de marzo de 2016

HIMNO DE GALICIA


Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio trasparente do prácido luar?

Boas familia. Unha semana máis quero achegarvos un anaco máis da miña terra, e hoxe quérovos falar do noso himno. Gustaríame que todo o mundo puidese aínda que so fose unha vez na vida sentir o que os galegos e as galegassentimos ao escoitalo ao son das nosas gaitas.

Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

Seguramente moitos de vós xa escoitastes este son algunha vez, pero se non é así que saibades que o podedes escoitar en todas as alboradas galegas.

Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; esperta do teu sono Fogar de Breogán.

A letra orixinal do himno de Galicia provén das catro primeiras estrofas das dez que conforman o poema en galego "Os Pinos" de Eduardo Pondal e a música foi composta por Pascual Veiga.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso rouco son, máis só os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.

Déixovos aquí un enlace para o poidades escoitar o noso himno e utilizalo onde vós consideredes oportuno. Que teñades unha boa semana familia. Escribireivos pronto.


Os tempos son chegados dos bardos das idades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, onde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa Nazón de Breogán.




mércores, 9 de marzo de 2016

Actividades para o proxecto

Boas tardes familia

Para o noso proxecto educativo realizaremos varias actividades, hoxe estivemos creamos dúas delas que vos mostraremos a continuación.
Unha das actividades creadas por nós consiste nun xogo de palabras cruzadas. Estas palabras teñen que ver con dúas festividades galegas, Samaín e San Xoán. Se desexas visualizar ou realizar esta actividade consulta esta páxina de educaplay

Festividades galegas
A outra é o puzzle que tedes a continuación, sobre unha fogueira de San Xoán tomada por nós na Coruña
Gustáronvos as actividades plantexadas? Podedes deixarnos o voso comentario nesta entrada ou no noso correo electrónico de grupo anesalmadobleuno@gmail.com 

Deica logo 

martes, 8 de marzo de 2016

GASTRONOMÍA DE GALICIA

Boa tarde familia.

Volvo estar por aquí para cumprir o prometido e achegarvos un anaco máis da cultura de Galicia. Neste caso, falareivos da gastronomía. Pero non quero aturullarvos con datos, gustaríame levar este tema a unha experiencia práctica. Por iso vos propoño un plan para cando queirades visitar Galicia e coñecer a súa gran variedade gastronómica.

Considero esencial que si visitades a nosa terra provedes algunha dos nosos pinchos e tapas que son elementos característicos da nosa gastronomía. A provincia de Lugo ou os arredores de Santiago son dous lugares fantásticos para degustar tapas como empanada de xoubas ou bacallau, zorza, callos, raxo, pementos de Padrón, tortilla de pataca... As tapas galegas soen ser consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas fritas, isto é sinal da tradicional bonanza galega en produtos alimenticios, constituíndo na actualidade uns reclamos turísticos de moitas vilas e cidades.

As comidas tradicionais galegas están baseadas principalmente na carne e na verdura, sendo característico da súa cociña os pratos abundantes e de gran contido calórico, sobre todo nos meses de inverno. Se visitades Galicia é imposible que non atopedes algunha localidade en feira, para poder probar o típico polbo á feira, que se sirve con cachelos e é aderezado no momento con sal grosa, pemento e aceite de oliva. Podedes visitar calquera restaurante das catro provincias, xa que nos seus menús seguro non faltan pratos como o caldo galego, o lacón con grelos, o churrasco ou o cocido. Recordade que o mellor acompañante é un bo pan, aconséllovos o Pan de Cea.

Os privilexiados que visiten Galicia sen ter que conducir poderán probar o gran abanico de licores e augardentes, a queimada ou gozar dunha Estrella Galicia en calquera terraza dos nosos bares.

Antes de despedirme, gustaríame recordarvos que non podedes marchar sen degustar os nosos postres e queixos, como a tarta de Santiago ou Mondoñedo, os amendoados de Allariz, o leite fritido  ou o queixo de Arzúa, San Simón da Costa ou Cebreiro.


Que teñades unha boa tarde e a encher o bandullo, un saúdo.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Bos días familia.

Neste día tan especial para todas as mulleres traballadoras, decidimos achegarvos unha entrada grupal para contarvos como será a estrutura do noso proxecto.

Como xa sabedes, trátase dun eBook sobre a mitoloxía, tradicións e supersticións de Galicia, este proxecto contará cunha webquest, un recurso audiovisual e actividades.
En primeiro lugar, a webquest tratará sobre seres mitolóxicos como trasnos, mouras, entre outros. Co obxectivo de que o alumnado adquira coñecementos sobre estes e, finalmente, cree o seu propio ser mitolóxico.
Como recurso audiovisual empregaremos un stopmotion sobre como crear unha bruxa cunha landra.
Con respecto as actividades que incluiremos no noso proxecto e a nosa webquest, citaremos a continuación os diferentes recursos:
  • Memory sobre seres mitolóxicos, para así aprender onde podemos atopalos e que ademais contará con algún xogo educativo sobre este tipo de personaxes.
  • Banco de actividades con diferenzas entre San Xoán e Samaín. Poderíamos crear actividades de buscar diferenzas, clasificar elementos segundo sexan dunha ou doutra festividade ou palabras cruzadas con palabras clave de cada festa.
  • Crearemos un crebacabezas de imaxes típicas e raras de Samaín e San Xoán.
  • Conto interactivo explicado a noite de San Xoán, onde incluiremos as meigas.
  • Cómic sobre o Samaín, onde falaremos sobre as persoas defuntas, a Santa Compaña, a historia, os suxeitos, o que pasa.
  • Crearemos unha presentación que nos sitúe nun país máxico chamado Galicia, na que incluiremos as nosas xudías máxicas galegas.
  • Para rematar incluiremos un cuestionario final que conta con verdadeiro ou falso e outro tipo de preguntas a modo de avaliación.


Pois ben familia, esta é a nosa proposta esperamos que vos resulte interesante. Que todos e todas pasedes un bo día.


Un saúdo dende a redacción de Habelas Hainas.

martes, 1 de marzo de 2016

Presentación do grupo, Habelas Hainas

Boa noite familia.


O obxectivo desta entrada é presentar ao noso grupo. Formamos parte do alumnado de Primeiro de Educación Primaria e ocorréusenos esta maneira orixinal de facelo, esperamos que vos guste.



Deica a próxima 

Etimoloxía e o topónimo de Galicia

Boas familia, outra vez por aquí.

Esta vez para coñecer un pouco máis Galicia. Considero esencial falarvos dela, xa que é a parte principal do noso proxecto. Pois ben, é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no noroeste da península ibérica. Está formada polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as cales se dividen en 314 municipios que se agrupan en 53 comarcas.

Hoxe falareivos da etimoloxía do nome Galicia máis do seu topónimo.  En próximas entradas irei comentando outras cousas interesantes sobre dela.

Na Antigüidade os gregos denominaban á zona noroccidental da península ibérica kalekói, que era o nome co que os seus habitantes se coñecían a si mesmos. O topónimo procede da denominación dos poboadores celtas e evolucionou a Gallaecia baixo a administración romana. Na época medieval constituíuse como reino independente, co nome de Reyno de Galicia. No período entre a Idade Antiga e a Idade Media a zona foi chamada ocasionalmente Suevia debido a que se asentaron as etnias invasoras dos suevos.

O topónimo Galiza era usado no galego medieval xunto co topónimo Galicia. A forma Galiza caeu en desuso durante os Séculos Escuros, mentres que a forma Galicia foi a única que seguiu empregándose de forma ininterrompida ao longo da historia na lingua falada. No século XIX, durante o Rexurdimento da lingua galega, recupérase o uso de Galiza por parte de intelectuais.
Actualmente, as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego tamén aceptan Galiza como forma lexítima en galego xunto á forma Galicia.


Isto é todo, ata a próxima. 

PÓSTER DIXITAL

Boas noites Familia!
Finalmente, aquí presentamos o resultado do noso póster; para entrar ás páxinas dos recursos, podedes facer click en cada unha das fotos que se atopan na descripción dos mesmos.
Esperamos que vos guste!


Un saúdiño ;)