Boas familia, esta
noite gustaríame contarvos a miña experiencia sobre a pantalla interactiva,
pero antes creo conveniente darvos unha definición desta.
A pantalla interactiva,
tamén denominada a pantalla dixital, consiste nunha computadora conectada a un
vídeo proxector, que mostra o sinal do devandito computador sobre unha
superficie lisa e ríxida, sensible ou non ao tacto, desde a que se pode controlar
a computadora, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada,
así como tamén, gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e
exportalas en diversos formatos. A principal función é controlar a computadora
mediante esta superficie cun bolígrafo, co dedo ou con outro dispositivo coma
se fose un rato. Esta nova tecnoloxía ofrece a posibilidade de interactuar coa
imaxe, o cal marca a diferenza en relación cunha pantalla dixital normal.
No meu colexio,
durante a ESO e o Bacharelato, utilizamos este recurso, e vouvos contar a miña
experiencia. Sen dúbida é unha ferramenta moi doada para un aula, o que máis me
gustaba a min era que cando os profesores ou profesoras escribían unha
explicación neste taboleiro quedaba gardada. Deste xeito, podiamos consultala
cando quixéramos e a próximo explicación colocábase debaixo polo que agrupabamos
todo o temario. Na miña experiencia, soamente lle podo por unha pega e é que
durante esta época subiume a miopía unha barbaridade, e eu sospeitei que podía
ser por a morea de horas que pasaba diante dela.
Un bico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario