Boas noites Familia!
Para seguir coa liña temática do noso Blog e do noso proxecto, hoxe vou a falarvos dun personaxe menos coñecido na actualidade, pero que amedrentaba aos nosos antergos; trátase do Urco.
Este personaxe, tamén chamado Can de Urco ou Can do Mar é un personaxe mitolóxico coñecido no Norte da Península, especialmente en Galicia e tamén en Asturias, onde se chama "Huerco".
Esta criatura adopta a forma dun can negro, aínda que en ocasións pode ser branco. De gran tamaño, con cornos e longas orellas, soe arrastrar unhas cadeas. Segundo a tradición oral sae do mar ouveando, o que se intúe como un presaxio de morte.
Tamén din as historias dos nosos antepasados que vivían nas orelas do río Lérez, procedentes dun lugar tenebroso coñecido como Borrón, un lugar do "Outro Mundo" que se atopa baixo a mar.
Esperemos nunca atoparnos cun destes, pois semella que é bastante perigoso.
Un saudiño e espero que vos gustara moito a historia de hoxe. ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario