Ola Familia, gústame falarvos de Galicia nas miñas entradas, pero aínda non vos falara do especial que é a súa lingua.
O idioma galego é unha lingua romance do subgrupo galaico-portugués falada principalmente na comunidade española de Galicia. Está estreitamente emparentado co portugués, co que formou unidade lingüística durante a Idade Media.
O galego, como todas as linguas romances, provén do latín vulgar falado na antiga provincia romana de Gallaecia, que comprendía o territorio da Galicia actual, o norte do actual Portugal, Asturias, a actual provincia de León e parte de Zamora. Tras a caída do Imperio Romano de Occidente, as diferentes variantes do latín consolidáronse.
O documento máis antigo escrito en galego producido en Galicia que se conserva, data de 1228. Trátase do foro de Castro Caldelas outorgado polo rei Alfonso IX en abril do devandito ano á vila ourensá.
Do documento máis antigo pasamos á actualidade, hoxe en día a tecnoloxía invádenos e Familia compráceme dicirvos que o galego ocupa o posto 26 do mundo como idioma máis usado en redes sociais, entre as máis de 6000 censadas. Lamentablemente o galego vai perdendo falantes co paso do tempo pero é unha lingua activa nas redes sociais.
Un bico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario