Boas noites familia
Hoxe quería escribir unha entrada pouco antes de deitarme para falarvos da queimada, bebida de tradición. Sabedes o porqué desta tradición? se queredes enterarvos seguide lendo.
Todo o ritual de preparación da queimada está dirixido a espantar os malos espiritos e as meigas que segundo a tradición perseguen a persoas para maldicilas, tamén se di que conta con efectos curativos,
Se tedes a dúbida de cando a podedes realizar dareivos unha boa noticia, esta pode ser realizada en calquera ocasión pero a miúdo é celebrada en reunións sociais ou familiares.
Esta vai acompañada dun conxuro, deixovolo neste enlace onde atoparedes moita máis información sobre esta tradición.
Boas noites
Moi boas compañeiros, ó ver esta entrada do proceso da queimada decidín facer un comentario. A queimada ten esa dose de maxia e misticismo, mantendo a costume dos nosos ancestros. No meu caso, sempre fun testigo da súa celebración na cea das festas do meu pobo onde nos reuniamos tódolos veciños. Como anécdota dicir que de pequeno eu tamén quería bebela para espantar ás meigas. Ten que estar no seu punto, senón pode ser un pouco complicada de baixar jaja unha aperta! Damián
ResponderEliminar