Na clase de hoxe estivemos traballando nun poster dixital que contén os recursos traballados previamente. Achegámosvos un adianto do traballo realizado. Na próxima semana veredes o resultado final.
Blog sobre Novas Tecnoloxías enfocadas ao seu uso na Escola Primaria. Neste blog adentrarémonos nas tradicións, mitos, superstición galegas
Etiquetas
- ALBA BALTAR JANEIRO (26)
- Andrea Augusto Quintas (26)
- ESTER CAMBA (26)
- Experiencias prácticas (12)
- FERRAMENTAS TIC (13)
- Martín Cortes Toloza (25)
- Recursos para a aula (20)
- Reflexións Teóricas (21)
mércores, 24 de febreiro de 2016
Búsqueda de recurso
Ola familia
Quería falarvos de como foi a miña búsqueda de recursos TIC para o libro electrónico.
Tras pensar previamente o que quería atopar comecei coa miña búsqueda. Realicei unha búsqueda de documentos audiovisuais en Youtube e atopei doadamente un documental relacionado coa mitoloxía galega, pareceume moi práctico e útil. Posteriormente busquei pola web outros recursos, tras atopar diversos sobre a temática que vamos tratar no eBook escollín un blog.
Ata a próxima
Etiquetas:
Andrea Augusto Quintas,
Recursos para a aula
A Meiga
Buenos días Familia:
Como ya sabéis estamos trabajando en la mitología Gallega y en todo lo que se refiere a estos seres.
Hoy especialmente voy a hablaros sobre un mito llamado a Meiga, que es un ser que posee poderes únicos y mágicos, que proviene del termino Magicus. Este personaje es típico de Galicia, y se diferencia de otros seres como pueden ser las brujas ya que este ser mágico siempre actúa con maldad incluso llegando a pactar con el diablo.
También son conocidas por poder echar mal de ojo e incluso poder curarlo, pero no solo existe un tipo de meiga, sino que hay varias y diferentes que se diferencian por sus poderes. Entre las mas conocidas están la Meiga Chuchonas que son las mas peligrosas,
Aquí os dejo una imagen para que podáis saber como es:
Un saludo Familia!!!
martes, 23 de febreiro de 2016
Mitoloxía Galega
Boas noites familia
Antes de deitarme quería adentrarme na mitoloxía galega e así falarvos de dúas lendas relacionadas coa morte, estas probablemente son as máis fascinantes.
A santa compaña, que son ánimas en pena que camiñan desde as doce da noite, encabezadas sempre por unha persoa viva que carga coa cruz ata que atopa a outro que poida cargar con ela. Cóntase que anunciaban a morte e se alguén a vía tardaba menos dun ano en morrer.
As lendas galegas tamén contan que existen persoas capaces de ver defuntos, chamados popularmente como vedoiros e vedoiras.
Como todos sabemos, son lendas que se contan xeración tras xeración e estase a perder esta costume. Mentres unha persoa as conte existirán estes seres da mitoloxía galega
Boas noites
A revolución silenciosa
Boas familia.
Hoxe empezo a escribirvos para falarvos sobre "A revolución silenciosa", este termo sorprendeume no titular dunha noticia mentres buscaba algo de interese para compartir en Habelas Hainas. Pois ben, é nin máis nin menos que o modo de ensinar da tecnoloxía.
Francesc Pedró, xefe da División de Políticas Sectoriais, TIC e Educación de Unesco comenta nunhas xornadas sobre tecnoloxía e educación que a solución non é abastecer aos centros con todo tipo de tecnoloxías, xa que normalmente os alumnos e as alumnas xa contan con elas. Cre que a clave é garantir unha boa conexión a internet desde a escola e o acceso do equipo docente a recursos dixitais de calidade. Xa que de nada serve ter tecnoloxías nos centros se o profesorado non ten capacidades profesionais apropiadas para sacarlles rendemento e facilitar a aprendizaxe do alumnado. Un uso adecuado da tecnoloxía facilitará moitas cousas na aula.
Considero moi oportuno caracterizar a educación tecnolóxica de silenciosa. Familia debemos ter conciencia de que a tecnoloxía nos educa a diario e facer un uso responsable dela.
Ata máis vernos.
Recursos para o eBook
Volvo estar por aquí familia, esta vez para comentarvos como nos foi ao meu grupo e a min na procura de recursos para o noso proxecto.
A actividade consistía en que cada compoñente de Give me four, achegase dous recursos que estivesen relacionados coa mitoloxía galega ou co e book. Para iso comezamos a teclear nas nosas computadoras e rapidamente empezaron a aparecer unha chea deles. Despois de ter que reciclar algúns, eu decanteime por unha aplicación sobre as orquestras de Galicia e un blog sobre 10 ferramentas útiles para crear un eBook. Considero que a procura foi sinxela e que temos unha chea de material na rede do que podemos sacar ideas para o noso proxecto.
MITOLOXÍA DE GALICIA
Boas Noites familia!
Hoxe quería falarvos ademáis da mitoloxía de Galicia, e como tema de especial interese, os dragóns.
A verdade é que estos seres mitolóxicos aparecen na historia de moitos lugares do mundo, así como na literatura medieval de moitos países. Na nosa cultura aparecen ademáis representados en grabados de pedra que aparecen nalgunhas columnas de igrexas e catedrais.
Porén, dicir que os dragóns son unha especie de reptís xigantes, que posúen ás e que por tanto poden voar; así mesmo escupen lume pola boca para defenderse dos seus inimigos.
Recentemente atopámonos algúns contos da escritora Elena Gallego Abad, que falan sobre esta mitoloxía.
A min parécenme uns seres alucinantes, non é? Ista é a razón de que escolleramos este personaxe mitolóxico como punteiro do rato.
Un saudiño ;)
BÚSQUEDA DE RECURSOS PARA O EBOOK
Boas noites familia!
Hoxe quérovos comentar un pouquiño como resultou a miña búsqueda de recursos para comezar a realizar o ebook.
Para comezar, organiceime cas miñas compañeiras e o noso compañeiro nesta búsqueda e mediante o traballo en equipo (a pesares de publicar dous recursos individualmente cada un) conseguimos os que aparecen nas entradas anteriores. A miña búsqueda foi sinxela, xa que nada mais comezar atopei un tutorial sobre distintas ferramentas para crear o ebook; o segundo recurso foi menos doado, porque buscabamos concrecións para tratar a mitoloxía galega; aínda así topeime coa páxina web dunha xornalista moi interesada por esta temática e que nos fala de moitos personaxes famosos da nosa mitoloxía. Grazas a esto, a búsqueda foi bastante satisfactoria e conseguín aprender moitas cousas, disfrutando asi mesmo delas.
Un saudiño ;)
luns, 22 de febreiro de 2016
Búsqueda de Recursos
Hola Familia:
Hoy os voy a contar acerca de mi experiencia en la búsqueda de recursos sobre la mitología gallega, conviene dejar claro que fue una búsqueda exhaustiva y organizada aunque algo complicada. Ahora bien, los resultados encontrados fueron buenos, ya que por la red podemos encontrar diversas herramientas, tanto como ebooks interactivos, juegos, vídeos de Youtube, entre otros, explicándonos de forma interactiva y amena sobre la mitología gallega y sus diversos seres. Incluso películas que nos ayudarían a conocer más este mundo.
En un principio di vueltas y vueltas buscando hasta que una vez inmerso, fue difícil parar de buscar y buscar.
Bueno Familia espero que todos estos recursos buscados por los miembros de este Blog os sean divertidos y que os gusten.
No dejéis de soñar.
Un saludo Familia!!!
mércores, 17 de febreiro de 2016
Recursos para o eBook
Bo día familia
Nestes días tiven tempo para buscar recursos para un libro electrónico que imos crear, a temática deste é Galicia. Encontrei dous recursos, un audiovisual e un eBook, dos cales fixen unha breve reflexión, cada recurso nunha ficha. Se desexar ver a miña opinión sobre o recurso audiovisual que utilizarei pinche aquí e se desexas visualizar a miña valoración sobre o eBook consulte este enlace
Deica logo
Recursos para o noso proxecto
Bo día familia.
Nesta mañá fría de febreiro
dispóñome a achegarvos dous recursos que nos servirán de axuda no noso proxecto.
O primeiro é unha aplicación sobre as orquestras
galegas. Para consultar a miña ficha de análises
sobre esta aplicación podes pulsar aquí.
E o segundo trátase dunha páxina web con dez
ferramentas para crear de forma sinxela un libro electrónico. Achégovos aquí a
ficha de análises deste recurso.
Un saúdo. Que todos e todas teñades un bo día.
RECURSOS PARA O EBOOK
Bos e fríos días familia!
Como estos días estivemos parados polas vacacións de entroido, hoxe traemos uns recursos que estivemos buscando durante este tempo para a creación do noso proxecto ebook!
Adxuntamos as fichas cos nosos recursos no seguinte enlace!
Un saudiño! ;)
Recursos Ebook
mércores, 10 de febreiro de 2016
Libro electrónico como recurso
Bos días familia
Hoxe quería comezar o día falando do emprego do libro
electrónico nas aulas de Educación Primaria como un recurso máis.
Como sabemos, nas aulas empreganse ordenadores, pantallas
dixitais e a día de hoxe algúns colexios comezaron co emprego dos libros
electrónicos, propiciado polo aforro económico que estes supoñen e tamén porque
é unha ferramenta máis cómoda para traballar.
Investigando encontrei una noticia no xornal La Voz
de Galicia do día 25 de marzo do 2010, onde informa as persoas
lectoras deste que o primeiro colexio español que comezou có emprego destes
dispositivos electrónicos foi unha escola galega situada en Santiago de
Compostela, Junior´s, que comezaron có uso deste no seu alumnado de cuarto de
Educación Secundaria Obligatoria mediante o proxecto denominado E-volución.
Para ter máis información sobre esta noticia faga click aquí
Moitos pais pensan que o emprego destes nas aulas no é
beneficioso para os seus fillos, pois estar diante dun aparato dixital durante
tantas horas no é o recomendable, pero este pensamento non ten razón de ser,
eles aínda descoñecen que os libros electronicos contan con retro-iluminación o
que significa que non sufre tanto a súa vista, asemellaríase o emprego de
libros. Outras das vantaxes dos eBooks é que estes dispositivos non son pesados
polo que os rapaces non terían que cargar con moito peso como están facendo na
actualidade aínda que como inconveniente non todos os libros están
dixitalizados.
Na miña opinión, o emprego destes nas aulas sería un gran
avance, calquera dubida que lles xurdise o alumnado consultaríana no instante.
Penso que deberían de comezar con proxectos en todos os colexios para o emprego
destes dispositivo, así programarse de maneira que cando comecen a facer un uso
destes nas aulas conten con previos coñecementos e poidan transmitirllelos ó
seu alumnado.
Polo tanto penso que os eBooks serían un bo recurso, como
as pantallas dixitais, os ordenadores entre outros, para as aulas de todos as
escolas tanto no ámbito de Educación Primaria coma de Secundaria ou
Bachillerato. Cal é a vosa opinión sobre o emprego dos eBooks no ámbito
educativo?
luns, 8 de febreiro de 2016
Historia dos eBook
Volvo estar por aquí familia.
En entradas anteriores, falouse do libro
electrónicio, o motivo diso é a elección do noso grupo de realizar un ao longo
deste cuatrimestre. Ao principio asustounos un pouco a idea, pero ao analizar o gran número de
recursos que hai na rede sobre este tema tranquilizámonos. As ideas para o noso
libro electrónico van xurdindo a medida que descubrimos máis exemplos e as
ganas de traballar neste novo proxecto tamén van en aumento.
Os libros ao longo do tempo sufriron catro grandes
transformacións. A primeira foi o paso de escribir en tablillas de arxila a
rolos de papiro, no segundo pasouse do papiro ao pergamiño. Posteriormente no
século XV, Gutenberg puxo en marcha a imprenta o que supuxo un cambio radical
para a publicación de libros. Tiveron que pasar máis de cincocentos anos para o
cuarto paso, a aparición do libro electrónico.
Os libros electrónicos existen desde que os libros
se editan con ordenadores, pero imprimíanse en papel e non se utilizaban no
formato dixital. A principios dos 70 e nos 80 xa se empezou a publicar libros
neste formato. A tecnoloxía avanza con paso de elefante e os libros
electrónicos con ela, grazas a isto podemos gozar actualmente destes recursos
repletos de calidade visual, deseño e presentación. En definitiva, un libro
electrónico non é máis que a versión dixital dun libro en papel.
Pois ben, gustaríame comentar a utilización dos
libros electrónicos no terreo educativo. Considero que é un recurso excelente
para a aprendizaxe e a ensinanza. Creo que é a ferramenta apropiada para
mellorar a lectura, a creatividade, a cultura, etc... aínda que para iso é
importante que a tecnoloxía e a escola evolucionen á vez.
Publicidade e comunicación
Boas tardes familia.
Fixen unha parada neste marabilloso tempo de
Entroido para falarvos dunha forma de comunicación cuxo obxectivo é incrementar
o consumo, estou a falar nin máis nin menos que da publicidade.
A publicidade é tan honesta que cando che vende
algo avísate de que o vai a facer. Son das que pensa que as persoas non podemos
vivir alleas á publicidade, xa que todo é comunicación. Comparto a idea de que
é unha empresa que move unha enorme cantidade de diñeiro, pero non podemos
esquecer que a última palabra sempre a ten o consumidor ou a consumidora.
Vivimos nunha sociedade na que contamos con acceso
ilimitado á información e as TIC melloran a unha velocidade de vertixe. A
publicidade tamén se ve influenciada polas TIC, grazas a elas mellora a súa
produción, o seu proceso e a súa maneira de chegar ao mercado.
A tecnoloxía está nunha evolución constante e cada
día sorpréndenos máis. Quizais ás novas xeracións impresiónanos un pouco menos
estes cambios tan radicais, pero parémonos a pesar como poden ver estes cambios
as persoas máis veteranas. No pasado a tecnoloxía sorprendeunos a eles e a elas
tamén, pero agora vemos eses avances como trastes. Coa publicidade podemos
viaxar ao pasado e facer que pareza moderno. Se prestamos un pouco de atención
veremos que a tecnoloxía dá pasos de xigante á beira da publicidade do pasado.
Considero que a publicidade e a tecnoloxía están
conectadas por diferentes grupos de persoas que comparten coñecementos. A
publicidade utiliza a tecnoloxía para presentar o seu produto e desta forma os
clientes e as clientas poidan opinar e decidir se consumilo ou non.
domingo, 7 de febreiro de 2016
LIBROS ELECTRÓNICOS
Boas Noites Familia:
De seguido imos falar dos libros dixitais, tamén chamado ebook eu terminoloxía inglesa. para elo primeiro debemos entender o motivo da elección deste tema. Cando debatíamos entre nós por que escoller este formato dixital, decatámonos que é unha moi boa forma de tratar os contidos que desexábamos impartir para educar aos e ás peques, xa que pode conter moita nformación á que se pode acceder moi doadamente e de xeito rápido.
Pero... que é un libro electrónico e cal é a súa funcionalidade? Pois ben, un libro electrónico é unha ferramenta que serve para ler en calquera tipo de ambiente e en diversas modalidades. xa sexa nun ordenador, unha tablet, un móvil ou noutros dispositivos dixitais, podemos recoller un montón de información ca que poderemos traballar.
Esto implica que esta ferramenta a día de hoxe sexa indispensable para a educación, polo que moitos centros xa contan co seu uso. De feito é unha das ferramentas que máis se leva empregando na última década para facer máis levadeiro o aprendizaxe. Ademáis, e grazas a poder empregala en calqueira dispositivo, facilita o seu uso, xa que podes levalo a todas partes, é cómodo e sinxelo de transportar.Para min, sen duda, unha ferramenta que facilita moito a vida cotiá e fai máis atractiva a lectura.Sen máis, aquí finaliza a miña reflexión sobre os libros electrónicos.
Boas noites, e deica a próxima ;)
Nintendo 3Ds
Boas
tardes Familia:
Hoxe quero falarvos sobre algo que sempre foi unha cuestión difícil na nosa
sociedade. Son boas ou malas as máquinas de videoxogos, como a play station ou
a nintendo? Ben é certo, que coma en todo, poderemos atopar vantaxes e
desvantaxes.
Despois de facer unha análise exhaustiva dos diversos modelos existentes ó
longo dos tempos, decido centrar o tema na Nintendo 3DS, xa que é a última do
mercado.Se cadra, moitos de nós tendemos asociar este tipo de
xogos a nenos e nenas que non saen de casa por incrementar niveis de
dificultades nos retos que se lle van presentando, ou o que é o mesmo, rapaces
e rapazas que non saben desfrutar dos beneficios que presentan os métodos
tradicionais de diversión e que en consecuencia convértense en persoas
sedentarias esquecendo os problemas psicosociais e de saúde que esto conleva.
Agora ben, como ocorre na maior parte das cousas, xeralizar é un erro. Pois
ben, non podemos esquecer que este tipo de xogos poden empregarse e desfrutarse
dunha maneira sá. Con toda probabilidade, todos nós coñecemos o tan famoso
''Brain Training'', un videoxogo baseado en xogos de palabras, números, etc e
que é usado por moitas persoas, destacando a axuda que oferta as aquelas que
están demenciadas a evitar ou paliar parte da perda de habilidades.
Por outra banda, e centrándonos no que nos compete, isto é, a educación dos
nosos nenos e das nosas nenas, é cómpre dicir que este tipo de pasatempo
podería ser utilizado como unha ferramenta de reforzo dos coñecementos
adquiridos na escola. Por exemplo, se un cativo aprende a sumar, présentase
idóneo, que aparte de facer as tarefas mandadas na clase relacionadas con este
novo coñecemento, adique unha parte do seu tempo de lecer ao videoxogo
mencionado anteriormente. Isto pódese extrapolar aos outros ámbitos, empregando
os xogos de palabras para repasar a gramática que o pequeno ou a pequena
aprendeu pola mañá na aula. Deste xeito, afianzaría o que sabe a través da
diversión que este medio proporciona.
E para terminar, dicir que personalmente considero que este tipo de consolas,
neste caso a nintendo 3DS, a parte de ser un elemento ludico tamén pode chegar
a ser un complemento divertido para que os nenos e as nenas sigan aprendendo
pero sempre con control, pois a virtude atópase no equilibrio.
Un saúdo Familia!!!
venres, 5 de febreiro de 2016
TABLETA CLAN
Boas a todas e todos querida Familia, para inagurar
este Blog co que pretendemos introducir o mundo das Novas Tecnoloxías á
Educación, queremos falarvos dunha ferramenta que saiu o mercado xa hai algún
tempo e probei personalmente en varias ocasións.
Para facer comprender os e as peques como e cando se deben usar as novas
tecnoloxías, atopámonos cunha Tableta electrónica para a rapazada; esta tableta
(comercializada pola cadena infantil Clan) permite diversidade de actividades
educativas, xa que pódense descargar todo tipo de apps tanto de xogos
educativos, ferramentas de lectura, etc. Iso si, conta cunha opción de control
parental para que o adulto saiba en cada momento que apps se está a descargar e
si son contidos que o infante pode visualizar. Tamén conta cun limitador de
tempo para que o ou a peque non se enganche, que a persoa adulta
predispón dende un primeiro momento, polo que o ou a peque non pode volver
acceder máis que nese periodo de tempo até o día seguinte. Isto, na miña
humilde opinión, facilita a labor dos e das proxenitores/as, xa que si o ou a
peque se lle antolla xogar máis, non poderá, xa que ese tempo ven
predeterminado; isto (insisto, segundo a miña opinión) acompañado dunha boa
explicación e implicación dos pais de como usa-la tableta, axudará e favorecerá
a ambas partes a tomar contacto con estas Novas tecnoloxías facendo partícipes
a proxenitores/as e peques.
Sin máis, queremos acompañar estes pensamentos dunha review que conseguimos da
páxina de YouTube, promocionando a tableta pola cadena de TV Clan:
Deica a próxima ;)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)