Boas familia.
Hoxe empezo a escribirvos para falarvos sobre "A revolución silenciosa", este termo sorprendeume no titular dunha noticia mentres buscaba algo de interese para compartir en Habelas Hainas. Pois ben, é nin máis nin menos que o modo de ensinar da tecnoloxía.
Francesc Pedró, xefe da División de Políticas Sectoriais, TIC e Educación de Unesco comenta nunhas xornadas sobre tecnoloxía e educación que a solución non é abastecer aos centros con todo tipo de tecnoloxías, xa que normalmente os alumnos e as alumnas xa contan con elas. Cre que a clave é garantir unha boa conexión a internet desde a escola e o acceso do equipo docente a recursos dixitais de calidade. Xa que de nada serve ter tecnoloxías nos centros se o profesorado non ten capacidades profesionais apropiadas para sacarlles rendemento e facilitar a aprendizaxe do alumnado. Un uso adecuado da tecnoloxía facilitará moitas cousas na aula.
Considero moi oportuno caracterizar a educación tecnolóxica de silenciosa. Familia debemos ter conciencia de que a tecnoloxía nos educa a diario e facer un uso responsable dela.
Ata máis vernos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario