mércores, 10 de febreiro de 2016

Libro electrónico como recurso

Bos días familia

Hoxe quería comezar o día falando do emprego do libro electrónico nas aulas de Educación Primaria como un recurso máis.
Como sabemos, nas aulas empreganse ordenadores, pantallas dixitais e a día de hoxe algúns colexios comezaron co emprego dos libros electrónicos, propiciado polo aforro económico que estes supoñen e tamén porque é unha ferramenta máis cómoda para traballar. 
Investigando encontrei una noticia no xornal La Voz de Galicia do día 25 de marzo do 2010, onde informa as persoas lectoras deste que o primeiro colexio español que comezou có emprego destes dispositivos electrónicos foi unha escola galega situada en Santiago de Compostela, Junior´s, que comezaron có uso deste no seu alumnado de cuarto de Educación Secundaria Obligatoria mediante o proxecto denominado E-volución. Para ter máis información sobre esta noticia faga click aquí
Moitos pais pensan que o emprego destes nas aulas no é beneficioso para os seus fillos, pois estar diante dun aparato dixital durante tantas horas no é o recomendable, pero este pensamento non ten razón de ser, eles aínda descoñecen que os libros electronicos contan con retro-iluminación o que significa que non sufre tanto a súa vista, asemellaríase o emprego de libros. Outras das vantaxes dos eBooks é que estes dispositivos non son pesados polo que os rapaces non terían que cargar con moito peso como están facendo na actualidade aínda que como inconveniente non todos os libros están dixitalizados.

Na miña opinión, o emprego destes nas aulas sería un gran avance, calquera dubida que lles xurdise o alumnado consultaríana no instante. Penso que deberían de comezar con proxectos en todos os colexios para o emprego destes dispositivo, así programarse de maneira que cando comecen a facer un uso destes nas aulas conten con previos coñecementos e poidan transmitirllelos ó seu alumnado. 
Polo tanto penso que os eBooks serían un bo recurso, como as pantallas dixitais, os ordenadores entre outros, para as aulas de todos as escolas tanto no ámbito de Educación Primaria coma de Secundaria ou Bachillerato. Cal é a vosa opinión sobre o emprego dos eBooks no ámbito educativo?

Deica a próxima


Ningún comentario:

Publicar un comentario