venres, 5 de febreiro de 2016

TABLETA CLAN

Boas a todas e todos querida Familia, para inagurar este Blog co que pretendemos introducir o mundo das Novas Tecnoloxías á Educación, queremos falarvos dunha ferramenta que saiu o mercado xa hai algún tempo e probei personalmente en varias ocasións.



Para facer comprender os e as peques como e cando se deben usar as novas tecnoloxías, atopámonos cunha Tableta electrónica para a rapazada; esta tableta (comercializada pola cadena infantil Clan) permite diversidade de actividades educativas, xa que pódense descargar todo tipo de apps tanto de xogos educativos, ferramentas de lectura, etc. Iso si, conta cunha opción de control parental para que o adulto saiba en cada momento que apps se está a descargar e si son contidos que o infante pode visualizar. Tamén conta cun limitador de tempo  para que o ou a peque non se enganche, que a persoa adulta predispón dende un primeiro momento, polo que o ou a peque non pode volver acceder máis que nese periodo de tempo até o día seguinte. Isto, na miña humilde opinión, facilita a labor dos e das proxenitores/as, xa que si o ou a peque se lle antolla xogar máis, non poderá, xa que ese tempo ven predeterminado; isto (insisto, segundo a miña opinión) acompañado dunha boa explicación e implicación dos pais de como usa-la tableta, axudará e favorecerá a ambas partes a tomar contacto con estas Novas tecnoloxías facendo partícipes a proxenitores/as e peques.



Sin máis, queremos acompañar estes pensamentos dunha review que conseguimos da páxina de YouTube, promocionando a tableta pola cadena de TV Clan:



 

Deica a próxima ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario