Boas Noites Familia:
De seguido imos falar dos libros dixitais, tamén chamado ebook eu terminoloxía inglesa. para elo primeiro debemos entender o motivo da elección deste tema. Cando debatíamos entre nós por que escoller este formato dixital, decatámonos que é unha moi boa forma de tratar os contidos que desexábamos impartir para educar aos e ás peques, xa que pode conter moita nformación á que se pode acceder moi doadamente e de xeito rápido.
Pero... que é un libro electrónico e cal é a súa funcionalidade? Pois ben, un libro electrónico é unha ferramenta que serve para ler en calquera tipo de ambiente e en diversas modalidades. xa sexa nun ordenador, unha tablet, un móvil ou noutros dispositivos dixitais, podemos recoller un montón de información ca que poderemos traballar.
Esto implica que esta ferramenta a día de hoxe sexa indispensable para a educación, polo que moitos centros xa contan co seu uso. De feito é unha das ferramentas que máis se leva empregando na última década para facer máis levadeiro o aprendizaxe. Ademáis, e grazas a poder empregala en calqueira dispositivo, facilita o seu uso, xa que podes levalo a todas partes, é cómodo e sinxelo de transportar.Para min, sen duda, unha ferramenta que facilita moito a vida cotiá e fai máis atractiva a lectura.Sen máis, aquí finaliza a miña reflexión sobre os libros electrónicos.
Boas noites, e deica a próxima ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario