luns, 8 de febreiro de 2016

Publicidade e comunicación

Boas tardes familia.

Fixen unha parada neste marabilloso tempo de Entroido para falarvos dunha forma de comunicación cuxo obxectivo é incrementar o consumo, estou a falar nin máis nin menos que da publicidade.

A publicidade é tan honesta que cando che vende algo avísate de que o vai a facer. Son das que pensa que as persoas non podemos vivir alleas á publicidade, xa que todo é comunicación. Comparto a idea de que é unha empresa que move unha enorme cantidade de diñeiro, pero non podemos esquecer que a última palabra sempre a ten o consumidor ou a consumidora.

Vivimos nunha sociedade na que contamos con acceso ilimitado á información e as TIC melloran a unha velocidade de vertixe. A publicidade tamén se ve influenciada polas TIC, grazas a elas mellora a súa produción, o seu proceso e a súa maneira de chegar ao mercado.

A tecnoloxía está nunha evolución constante e cada día sorpréndenos máis. Quizais ás novas xeracións impresiónanos un pouco menos estes cambios tan radicais, pero parémonos a pesar como poden ver estes cambios as persoas máis veteranas. No pasado a tecnoloxía sorprendeunos a eles e a elas tamén, pero agora vemos eses avances como trastes. Coa publicidade podemos viaxar ao pasado e facer que pareza moderno. Se prestamos un pouco de atención veremos que a tecnoloxía dá pasos de xigante á beira da publicidade do pasado.



Considero que a publicidade e a tecnoloxía están conectadas por diferentes grupos de persoas que comparten coñecementos. A publicidade utiliza a tecnoloxía para presentar o seu produto e desta forma os clientes e as clientas poidan opinar e decidir se consumilo ou non.

Ningún comentario:

Publicar un comentario