Boas
tardes Familia:
Hoxe quero falarvos sobre algo que sempre foi unha cuestión difícil na nosa
sociedade. Son boas ou malas as máquinas de videoxogos, como a play station ou
a nintendo? Ben é certo, que coma en todo, poderemos atopar vantaxes e
desvantaxes.
Despois de facer unha análise exhaustiva dos diversos modelos existentes ó
longo dos tempos, decido centrar o tema na Nintendo 3DS, xa que é a última do
mercado.Se cadra, moitos de nós tendemos asociar este tipo de
xogos a nenos e nenas que non saen de casa por incrementar niveis de
dificultades nos retos que se lle van presentando, ou o que é o mesmo, rapaces
e rapazas que non saben desfrutar dos beneficios que presentan os métodos
tradicionais de diversión e que en consecuencia convértense en persoas
sedentarias esquecendo os problemas psicosociais e de saúde que esto conleva.
Agora ben, como ocorre na maior parte das cousas, xeralizar é un erro. Pois
ben, non podemos esquecer que este tipo de xogos poden empregarse e desfrutarse
dunha maneira sá. Con toda probabilidade, todos nós coñecemos o tan famoso
''Brain Training'', un videoxogo baseado en xogos de palabras, números, etc e
que é usado por moitas persoas, destacando a axuda que oferta as aquelas que
están demenciadas a evitar ou paliar parte da perda de habilidades.
Por outra banda, e centrándonos no que nos compete, isto é, a educación dos
nosos nenos e das nosas nenas, é cómpre dicir que este tipo de pasatempo
podería ser utilizado como unha ferramenta de reforzo dos coñecementos
adquiridos na escola. Por exemplo, se un cativo aprende a sumar, présentase
idóneo, que aparte de facer as tarefas mandadas na clase relacionadas con este
novo coñecemento, adique unha parte do seu tempo de lecer ao videoxogo
mencionado anteriormente. Isto pódese extrapolar aos outros ámbitos, empregando
os xogos de palabras para repasar a gramática que o pequeno ou a pequena
aprendeu pola mañá na aula. Deste xeito, afianzaría o que sabe a través da
diversión que este medio proporciona.
E para terminar, dicir que personalmente considero que este tipo de consolas,
neste caso a nintendo 3DS, a parte de ser un elemento ludico tamén pode chegar
a ser un complemento divertido para que os nenos e as nenas sigan aprendendo
pero sempre con control, pois a virtude atópase no equilibrio.
Un saúdo Familia!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario