Boas Noites familia!
Hoxe quería falarvos ademáis da mitoloxía de Galicia, e como tema de especial interese, os dragóns.
A verdade é que estos seres mitolóxicos aparecen na historia de moitos lugares do mundo, así como na literatura medieval de moitos países. Na nosa cultura aparecen ademáis representados en grabados de pedra que aparecen nalgunhas columnas de igrexas e catedrais.
Porén, dicir que os dragóns son unha especie de reptís xigantes, que posúen ás e que por tanto poden voar; así mesmo escupen lume pola boca para defenderse dos seus inimigos.
Recentemente atopámonos algúns contos da escritora Elena Gallego Abad, que falan sobre esta mitoloxía.
A min parécenme uns seres alucinantes, non é? Ista é a razón de que escolleramos este personaxe mitolóxico como punteiro do rato.
Un saudiño ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario