Volvo estar por aquí familia.
En entradas anteriores, falouse do libro
electrónicio, o motivo diso é a elección do noso grupo de realizar un ao longo
deste cuatrimestre. Ao principio asustounos un pouco a idea, pero ao analizar o gran número de
recursos que hai na rede sobre este tema tranquilizámonos. As ideas para o noso
libro electrónico van xurdindo a medida que descubrimos máis exemplos e as
ganas de traballar neste novo proxecto tamén van en aumento.
Os libros ao longo do tempo sufriron catro grandes
transformacións. A primeira foi o paso de escribir en tablillas de arxila a
rolos de papiro, no segundo pasouse do papiro ao pergamiño. Posteriormente no
século XV, Gutenberg puxo en marcha a imprenta o que supuxo un cambio radical
para a publicación de libros. Tiveron que pasar máis de cincocentos anos para o
cuarto paso, a aparición do libro electrónico.
Os libros electrónicos existen desde que os libros
se editan con ordenadores, pero imprimíanse en papel e non se utilizaban no
formato dixital. A principios dos 70 e nos 80 xa se empezou a publicar libros
neste formato. A tecnoloxía avanza con paso de elefante e os libros
electrónicos con ela, grazas a isto podemos gozar actualmente destes recursos
repletos de calidade visual, deseño e presentación. En definitiva, un libro
electrónico non é máis que a versión dixital dun libro en papel.
Pois ben, gustaríame comentar a utilización dos
libros electrónicos no terreo educativo. Considero que é un recurso excelente
para a aprendizaxe e a ensinanza. Creo que é a ferramenta apropiada para
mellorar a lectura, a creatividade, a cultura, etc... aínda que para iso é
importante que a tecnoloxía e a escola evolucionen á vez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario