Boas noites familia
Antes de deitarme quería adentrarme na mitoloxía galega e así falarvos de dúas lendas relacionadas coa morte, estas probablemente son as máis fascinantes.
A santa compaña, que son ánimas en pena que camiñan desde as doce da noite, encabezadas sempre por unha persoa viva que carga coa cruz ata que atopa a outro que poida cargar con ela. Cóntase que anunciaban a morte e se alguén a vía tardaba menos dun ano en morrer.
As lendas galegas tamén contan que existen persoas capaces de ver defuntos, chamados popularmente como vedoiros e vedoiras.
Como todos sabemos, son lendas que se contan xeración tras xeración e estase a perder esta costume. Mentres unha persoa as conte existirán estes seres da mitoloxía galega
Boas noites
Ningún comentario:
Publicar un comentario