martes, 23 de febreiro de 2016

Recursos para o eBook

Volvo estar por aquí familia, esta vez para comentarvos como nos foi ao meu grupo e a min na procura de recursos para o noso proxecto.

A actividade consistía en que cada compoñente de Give me four, achegase dous recursos que estivesen relacionados coa mitoloxía galega ou co e book. Para iso comezamos a teclear nas nosas computadoras e rapidamente empezaron a aparecer unha chea deles. Despois de ter que reciclar algúns, eu decanteime por unha aplicación sobre as orquestras de Galicia e un blog sobre 10 ferramentas útiles para crear un eBook. Considero que a procura foi sinxela e que temos unha chea de material na rede do que podemos sacar ideas para o noso proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario