Boas familia, outra
vez por aquí.
Esta vez para coñecer
un pouco máis Galicia. Considero esencial falarvos dela, xa que é a parte
principal do noso proxecto. Pois ben, é unha comunidade autónoma española,
considerada nacionalidade histórica, situada no noroeste da península ibérica.
Está formada polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as cales
se dividen en 314 municipios que se agrupan en 53 comarcas.
Hoxe falareivos da
etimoloxía do nome Galicia máis do seu topónimo.
En próximas entradas irei comentando outras cousas interesantes sobre
dela.
Na Antigüidade os
gregos denominaban á zona noroccidental da península ibérica kalekói, que era o
nome co que os seus habitantes se coñecían a si mesmos. O topónimo procede da
denominación dos poboadores celtas e evolucionou a Gallaecia baixo a
administración romana. Na época medieval constituíuse como reino independente,
co nome de Reyno de Galicia. No período entre a Idade Antiga e a Idade Media a
zona foi chamada ocasionalmente Suevia debido a que se asentaron as etnias
invasoras dos suevos.
O topónimo Galiza
era usado no galego medieval xunto co topónimo Galicia. A forma Galiza caeu en
desuso durante os Séculos Escuros, mentres que a forma Galicia foi a única que
seguiu empregándose de forma ininterrompida ao longo da historia na lingua falada.
No século XIX, durante o Rexurdimento da lingua galega, recupérase o uso de
Galiza por parte de intelectuais.
Actualmente, as
normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego tamén aceptan Galiza como
forma lexítima en galego xunto á forma Galicia.
Isto é todo, ata a
próxima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario