Boa tarde familia.
Volvo estar por
aquí para cumprir o prometido e achegarvos un anaco máis da cultura de Galicia.
Neste caso, falareivos da gastronomía. Pero non quero aturullarvos con datos,
gustaríame levar este tema a unha experiencia práctica. Por iso vos propoño un
plan para cando queirades visitar Galicia e coñecer a súa gran variedade
gastronómica.
Considero esencial
que si visitades a nosa terra provedes algunha dos nosos pinchos e tapas que
son elementos característicos da nosa gastronomía. A provincia de Lugo ou os arredores
de Santiago son dous lugares fantásticos para degustar tapas como empanada de
xoubas ou bacallau, zorza, callos, raxo, pementos de Padrón, tortilla de pataca... As tapas galegas soen ser
consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas fritas, isto é sinal
da tradicional bonanza galega en produtos alimenticios, constituíndo na
actualidade uns reclamos turísticos de moitas vilas e cidades.
As comidas
tradicionais galegas están baseadas principalmente na carne e na verdura, sendo
característico da súa cociña os pratos abundantes e de gran contido calórico,
sobre todo nos meses de inverno. Se visitades Galicia é imposible que non
atopedes algunha localidade en feira, para poder probar o típico polbo á feira,
que se sirve con cachelos e é aderezado no momento con sal grosa, pemento e
aceite de oliva. Podedes visitar calquera restaurante das catro provincias, xa
que nos seus menús seguro non faltan pratos como o caldo galego, o lacón con
grelos, o churrasco ou o cocido. Recordade que o mellor acompañante é un bo
pan, aconséllovos o Pan de Cea.
Os privilexiados
que visiten Galicia sen ter que conducir poderán probar o gran abanico de licores
e augardentes, a queimada ou gozar dunha Estrella Galicia en calquera terraza
dos nosos bares.
Antes de
despedirme, gustaríame recordarvos que non podedes marchar sen degustar os
nosos postres e queixos, como a tarta de Santiago ou Mondoñedo, os amendoados
de Allariz, o leite fritido ou o queixo
de Arzúa, San Simón da Costa ou Cebreiro.
Que teñades unha
boa tarde e a encher o bandullo, un saúdo.
Hola soy Kevin, me ha encantado esta entrada, me ha entrado hambre y todo jajaja. La verdad es que somos muy afortunados por ser tan ricos gastronómicamente, deberiamos estar orgullosos de nuestra cultura. Le he pasado el enlace del post a una amiga madrileña y también le ha encantado, seguid así ánimo.
ResponderEliminar