Boas Noites Familia e feliz día da muller traballadora
Neste día especial vou facer unha mención especial á heroína galega, María Pita, que defendeu a cidade da Coruña do ataque dos ingleses en 1589.
Os invasores atacaron a cidade cunhas exiguas defensas, xa que dispuñan dunha escasa guarnición na defensa das murallas medievais, existindo polo tanto gran desproporción entre as forzas dos dous contendentes.
Segundo a crónica da época a actuación de María Pita fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha muller cando estaban a piques de traspasar as murallas. Aínda que a lenda di que este feito foi levado a cabo ao grito de "Quen teña honra, que me siga", que fixo que mulleres e nenos se unisen á batalla co sinxelo arsenal de material doméstico, tales como olas de barro, coitelos de cociña e outros utensilios domésticos que lanzaron contra os atacantes, o que desmoralizou á tropa inglesa e impulsou finalmente a súa retirada.
Espero que disfrutárades desta historia e deste día, un saudiño e deica a próxima! ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario