mércores, 2 de marzo de 2016

Libro electronico

Bos días Familia:

Hoxe voulles  falar sobre as novas tecnoloxías, neste caso sobre o libro electrónico, tamén coñecido como e-book ou libro dixital e o xeito no que aumentou a súa venda nos últimos anos.

Despois de buscar información sobre este novo método de lectura, do que fai aproximadamente 30 ou 40 anos non nos imaxinaríamos estar a falar sobre el, é preciso dicir que os tempos cambian e as tecnoloxías non quedan atrás, pois esta ferramenta pasou de ser algo descoñecido a ser algo funcional e moderno para todas e todos.
Sen enrolarnos máis, temos que destacar as abondas vantaxes que o mesmo nos aporta. Entre elas, atopamos o uso da tecnoloxía de tinta electrónica sen empregar a retro-iluminación. Tamén convén coñecer algo moi importante: entre os máis vendidos e coñecidos esta o formato ePub , que é un formato estándar e libre para arquivos de libros electrónicos.

Esta nova forma de tecnoloxía é moi recomendada xa que o seu consumo de enerxía é moi baixo respecto a outros aparellos electrónicos, feito que nos permite moitas máis horas de lectura sen esquecer o coidado do medio ambiente. Para que nos fagamos unha idea, se unha persoa acostuma ler media hora ao día, tranquilamente podería estar case un mes sen necesidade de recargar a batería,  ademáis de non cansar á vista grazas a semellanza que garda cos métodos de lectura tradicionais. No canto do soporte empregado, respeta a nosa natureza xa que evita o uso de papel, deste xeito estaremos aforrando este ben, que ás veces vese despreciado e desaproveitado. Se temos que falar do espazo de almacenamento, non encontramos ningún problema, pois  non ocupan apenas lugar, ademáis de non encherse de po. Por outra banda, os prezos non son unha preocupación, pois no mercado existen solucións para todos os petos.

Considero que os e-book son un substitución ben lograda dos métodos tradicionais, así mesmo trátase dunha aplicación da tecnoloxía para levar a cabo unha das tarefas máis cotiás de maneira máis doada e que será nun futuro próximo un bo instrumento para a educación.

En resumo, comentarvos tamén, familia, que o navegador Mozilla Firefox ten unha extensión chamada GrabMyBooks, a cal permítenos crear libros electrónicos en formato ePub, cuxo contido son as páxinas web ou parte destas que atopamos no noso navegador.

E unha vez que o teñamos instalado, imos seleccionar as páxinas web que queiramos ao noso libro electrónico.


Páseno ben e un saúdo familia!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario