Boas noites Familia!
Escríbovos un pouco tarde despois dun duro día de traballo!
Hoxe quero falarvos da lenda das mouras:
As mouras son personaxes que aparecen na cutura galego-portuguesa. Son mulleres fermosas que aparecen nos camiños ou á beira dos ríos peiteando o seu dourado cabelo, habitualmente agardando por alguén. Segundo antigos relatos populares son almas de doncelas que foron deixadas gardando tesouros que os mouros esconderon ao volveren ás súas terras.
Na miña aldea (A Veiga), existe un lugar chamado "cántara da moura", un lugar polo que o río Corzos se entremezcla cunha zona natural con varias covas de pedras, moita vexetación e cascadas de auga. Nesas oquedades que quedan entre as pedras, o río forma unha piscina natural, saíndo de novo a auga ao exterior a través dunha porta en forma de cascada. O nome desta cova fai referencia a unha lenda, que conta a historia dunha fermosa moura que residía na mesma. "Un día, a moura saíu ó exterior a sentarse na marxe do río onde peiteaba os seus longos cabelos cun peine de ouro; namentres, agardaba polas mozas da aldea de Corzos que coidaban o gando e cando pasaban á súa beira deixaba cae-lo peine. Si a moza paraba a recollelo, esta era recompensada cunhas moedas de ouro. Se non o facía, a moura convertíaa en rocha, coma as que hai ao redor da cova."
Espero que algún día descubrades a maxia e a beleza desta gran paraxe, ademáis do seu fermoso ceo estrelado, xa que verdadeiramente é fascinante!
Un saudiño!! ;)
Guauuu! o primeiro que me sale ao enterarme desta lenda.
ResponderEliminarpersoalmete gústanme moito este tipo de lendas e esta é moi bonita.
non tiña idea dese lugar, e a información que das fai que queira ir coñecelo!
paréceme moi bonita a forma da que falas da túa vila, eu son de Burela , un sitio onde non hai covas pero hai moitas cousas bonitas para ver, e praia! podemos facer un cambio de visitas!!
moitas grazas por dar a coñecer a lenda das mouras!!
unha aperta!
Cando queiras Paula! A verdade é que é un sitio magnífico, Burela tamén por suposto! Pola zona de montaña e na Limia hai moitas lendas das mouras, son bastante interesantes! Si algún día vindes a visitar (hai cámping e un pantano e de todo) fágovos de guía turística encantada! Un saudiño ;)
ResponderEliminar