martes, 8 de marzo de 2016

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Bos días familia.

Neste día tan especial para todas as mulleres traballadoras, decidimos achegarvos unha entrada grupal para contarvos como será a estrutura do noso proxecto.

Como xa sabedes, trátase dun eBook sobre a mitoloxía, tradicións e supersticións de Galicia, este proxecto contará cunha webquest, un recurso audiovisual e actividades.
En primeiro lugar, a webquest tratará sobre seres mitolóxicos como trasnos, mouras, entre outros. Co obxectivo de que o alumnado adquira coñecementos sobre estes e, finalmente, cree o seu propio ser mitolóxico.
Como recurso audiovisual empregaremos un stopmotion sobre como crear unha bruxa cunha landra.
Con respecto as actividades que incluiremos no noso proxecto e a nosa webquest, citaremos a continuación os diferentes recursos:
  • Memory sobre seres mitolóxicos, para así aprender onde podemos atopalos e que ademais contará con algún xogo educativo sobre este tipo de personaxes.
  • Banco de actividades con diferenzas entre San Xoán e Samaín. Poderíamos crear actividades de buscar diferenzas, clasificar elementos segundo sexan dunha ou doutra festividade ou palabras cruzadas con palabras clave de cada festa.
  • Crearemos un crebacabezas de imaxes típicas e raras de Samaín e San Xoán.
  • Conto interactivo explicado a noite de San Xoán, onde incluiremos as meigas.
  • Cómic sobre o Samaín, onde falaremos sobre as persoas defuntas, a Santa Compaña, a historia, os suxeitos, o que pasa.
  • Crearemos unha presentación que nos sitúe nun país máxico chamado Galicia, na que incluiremos as nosas xudías máxicas galegas.
  • Para rematar incluiremos un cuestionario final que conta con verdadeiro ou falso e outro tipo de preguntas a modo de avaliación.


Pois ben familia, esta é a nosa proposta esperamos que vos resulte interesante. Que todos e todas pasedes un bo día.


Un saúdo dende a redacción de Habelas Hainas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario