Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio trasparente do prácido luar?
Boas familia. Unha semana máis quero
achegarvos un anaco máis da miña terra, e hoxe quérovos falar do noso himno.
Gustaríame que todo o mundo puidese aínda que so fose unha vez na vida sentir o
que os galegos e as galegassentimos ao escoitalo ao son das nosas gaitas.
Que din as altas copas de escuro arume arpado
co seu ben compasado monótono fungar?
Seguramente moitos de vós xa escoitastes este
son algunha vez, pero se non é así que saibades que o podedes escoitar en todas
as alboradas galegas.
Do teu verdor cinguido e de benignos astros,
confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o
rudo encono; esperta do teu sono Fogar de Breogán.
A letra orixinal do himno de Galicia provén
das catro primeiras estrofas das dez que conforman o poema en galego "Os
Pinos" de Eduardo Pondal e a música foi composta por Pascual Veiga.
Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con
arroubo atenden o noso rouco son, máis só os iñorantes e féridos e duros,
imbéciles e escuros non nos entenden, non.
Déixovos aquí un enlace para o poidades
escoitar o noso himno e utilizalo onde vós consideredes oportuno. Que teñades
unha boa semana familia. Escribireivos pronto.
Os tempos son chegados dos bardos das idades
que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, onde quer, xigante a nosa voz
pregoa a redenzón da boa Nazón de Breogán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario