martes, 1 de marzo de 2016

Vídeos holográficos

Boas noites Familia!
Hoxe quérovos ensinar unha cousa moi chula e especial que descubrín esta semana. Aínda que non está relacionado co noso proxecto, paréceme unha ferramententa moi atractiva que me impresionou gratamente. Trátase da proxección de HoLoGrAmAs! E é que o futuro xa está aquí!
De nena vía nos debuxos ou en algunhas pelis futuristas como os personaxes sacaban uns aparatiños para poder chamarse uns a outros por medio de imaxes de hologramas, e claro, eu desexaba que ese futuro chegase xa...

A maneira máis sinxela de empregar esta ferramenta é grazas a un smartphone, no que buscaremos un vídeo de imaxes de hologramas; asi mesmo debemos posuír un "visor", é dicir, un medio no que se poida proxectar o reflexo do holograma; para isto só hai que recortar catro trapecios iguais de 1cm na parte superior, 3'5cm de alto e 6cm de base; posteriormente hai que pegalos entre si (formando unha pirámide cuadrilátera sen punta, é dicir, con un oco cadrado arriba e outro abaixo. Para ilustralo mellor, déixovos adxuntados abaixo dous vídeos, o primeiro unha demostración de como se realiza o experimento, e o segundo un vídeo calquera no que poderemos ver estos hologramas ao ter o noso "visor" rematado, ámbolos dous obtidos de Youtube, donde poderedes atopar moitos máis.


  • Demostración de cómo preparar o visor




  • Vídeo para a experimentación: 




Espero que vos guste tanto como me gustou a min!!!

Un saudiño ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario