Boas tardes Familia.
Hoxe quería falarvos dun novo formato de lectura como é o libro electrónico ou eBook. Coñecido por moitas persoas, o eBook é un dispositivo electrónico que permite almacenar, reproducir e ler calquera tipo de libros polo que é moi útil e cómodo.
Informeime en varias páxinas web sobre o emprego destes dispositivos, estas páxinas contaban con moita información diferenciada ou esquematicamente explicada. Gustaríame destacar que desta temática, o libro electrónico, podemos atopar moita información doadamente e que esta é diversa. Da información que atopei destacaría que o primeiro soporte electrónico é dos anos 90 aínda que xa se pensaba antes na creación deste, que o emprego deste creceu nos últimos anos e que, como todos, este dispositivo conta con vantaxes e desvantaxes. Tamén destacar, para todas aquelas persoas que desexan crear un libro electrónico que o navegador Mozilla FireFox permite crealos en formato ePub (Electronic Publication), este é un formato estándar e libre creador por International Digital Publishing Forum.
Na miña opinión, o emprego deste soporte é moi práctico e cómodo debido a que non só poderíamos ter un libro senón que teríamos moitos máis, en un só poderias ter varios de diversas temáticas. Ademais outra das vantaxes que considero máis importante é que toda persoa con acceso a web, ven sexa có teléfono móbil, có ordenador ou cunha tablet, podería ter acceso a estes dispositivos electrónicos. Polo que considero que sería útil a súa utilización, como sería desde a Educación Primaria, así as tarefas encomendadas poderían se máis doadas de realizar e correxidas no momento.
Polo tanto, considero que o emprego destes é beneficioso para todos e deberíamolo de incluir non só para ler libros, senón para traballar desde as aulas de Educación Primaria ata a Universidade.
Boas noites e deica a próxima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario