martes, 8 de marzo de 2016

Twitter

Feliz día da muller traballadora, familia

Hoxe quería reparar nunha ferramenta moi empregada na actualidade, Twitter. Este ferrametna é coma un microblogging debido a que non permite escribir máis de 140 caracteres. Hai que dicir que ten o seu propio logotipo que foi evolucionanndo ata chegar ao que ten actualmente, aquí volo deixo.

Cada mensaxe que un usuario escribe denomínase tweet, e estos mostranse na páxina principal de cada usuario. Cada persoa pode seguir a quen queira tendo en conta os seus intereses, perose desexa seguir a un usuario privado este terá que dar a súa aprobación. Polo que se unha persoa quere estar ao corrente dun grupo musical ou cantante seguirao para visualizar as novidades que publiquen, se quere estar ao corrente das noticias seguirá a algún perfil que as publique. Os seguidores que cada usuario ten chámanse followers
En resumen, esta ferramenta serve para estar informado sobre temas de interese debido a que as mensaxes que se publiquen serán curtas e precisas pois existe un espazo delimitado para escribir.
Eu xa teño a miña conta  de Twitter pero, ¿vós tedes Twitter?

Deica a próxima

Ningún comentario:

Publicar un comentario